Pontón sobre as audiencias con Felipe VI: "Agora a monarquía é anacrónica e está salpicada de casos de corrupción"

Confirma que hai "máis sensibilidade" de acordos coas formacións nacionalistas e soberanistas de Cataluña e Euskadi para defender a axenda galega.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/12/2019 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

A líder do BNG, Ana Belén Pontón, confirmou o xiro dado pola súa formación na tradicional audiencia do monarca español para a conformación do futuro goberno do estado. "Agora a monarquía é anacrónica e está salpicada de casos de corrupción", dixo para defender a postura adoptada pola Executiva nacionalista o pasado xoves.

Mensaxe de Nadal de Felipe VI
Mensaxe de Nadal de Felipe VI | Fonte: RTVE

Así, e a pesar de que o BNG estaba convocado para os encontros con Felipe VI deste martes, a dirección nacionalista acordou non acudir. A decisión chegou logo de coñecerse que tampouco ERC, EH-Bildu e as CUP ían a asistir a ese encontro. Unha decisión que foi moi mal recibida pola dereita mediatica.

O Bloque Nacionalista Galego apuntou entón que a súa decisión "non só parte da súa profunda convicción republicana e soberanista", senón tamén por avaliar "moi negativamente" o papel que a monarquía e a figura do rei está a desempeñar no contexto actual. "Nun momento de profunda involución democrática no Estado, no que se están pondo en cuestión dereitos fundamentais e liberdades públicas, Felipe de Borbón asumiu un rol determinante neste proceso, especialmente contra as nacións que formamos parte deste Estado e contra o exercicio dos dereitos colectivos, como é o de autodeterminación, que como tales nos corresponden", subliñaba o comunicado da Executiva.

Precisamente, estes mesmos argumentos foron asumidos por Pontón que dixo que a decisión do BNG débese aos "cambios políticos e sociais" dos últimos anos. "Hoxe non compartimos a existencia da monarquía que é obsoleta e anacrónica", indicou. De feito, foi máis alá e suxeriu que esta institución non é democrática. "Queremos defender os intereses de Galicianas institucións democráticas", suliñou. 

Neste sentido, tamén recoñeceu que "hai máis sensibilidade" coas formacións nacionalistas e soberanistas catalanas e vascas --hai sobre 30 deputados no Congreso-- para acordar con eles cuestións concretas, mesmo as que afecten a Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

2 TOM

Non podes compararte con Bildu e Esquerra xa que ali teñen apoio social e seguro que gañan votos. O Bng con esa decision consigue espantar ao 90% de pobacion que nunca os votara por que se espantan co Bng!!! Se foras de verdade soberanista enton terias perspicacia e intelixencia e estarias calada , non falarias nin de soberania nin de autodeterminacio enton pode ser que terias posibilidades de chegar ao poder. Un pode ser soberanista e falar co PP, co rei co Psoe e esperar ao momento oportuno para salir do armario. Pero co 7% de votos e por riba case desaparecedes, estades vivos de milagre. E non apredechedes nada do que pasou nin sabedes leer a sociedade Galega!

1 ANDRES

Espantado, o melhor é nunca saírem do armário (dentro fica quente). Galegos coma ti!

1 Abraiado

En cambio, el nacional socialismo gallego y sus socios de Bildu-ETA o ERC-3% son modernos, honrados, chachiguais e impolutos. Anita, ponte a trabajar y dejar de soltar esas paridas que cada vez que hablas sube el pan. ¿Es que el BNG no tiene a nadie medio preparado que pueda hilvanar dos frases con sentido?

1 Sentidiño

Se dona Ana (que non "Anita") fose o sr Abascal, e viceversa, vostede votaría Bng, e entraría aos foros da cope para darlle leccións a Vox. Pero non, non lle hai viceversa. Hai que arrear.