Outro novo fracaso para desencallar o 'Blue Star'

Os remolcadores só conseguen desprazar a popa uns oito metros a babor. Na madrugada deste martes terá lugar unha segunda tentativa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2019 | Actualizada ás 16:29

Comparte esta noticia

O primeiro intento para poder reflotar o buque 'Blue Star' non conseguiu o obxectivo este luns, pero lograron desprazar a popa de barco uns oito metros a babor. A manobra iniciouse minutos antes das 14,00 horas, cando o remolcador 'Boka Pegassus' comezou a tensar a estacha que o unía ao buque sinistrado, pola zona de popa e de babor, ata que sobre as 14,22 horas, momento da pleamar, entrou en acción tamén o outro remolcador desprazado á zona para estas tarefas, a 'Unión Pricess', nesta ocasión case en paralelo coa popa do barco sinistrado e comezando a dar "máquina" para tratar de conseguir o arrastre.

Así foi como ambos os barcos de auxilio lograron mover lixeiramente, uns oitos metros, a popa do buque, pero non sacalo da zona onde permanece encallado desde o pasado 24 de novembro.

Co paso dos minutos, e unha vez superada a pleamar, e en vista que as ondas na zona non eran os suficientemente fortes, decidiuse abortar a operación, e estudar nas próximas horas se se volve a realizar un novo intento coa seguinte pleamar, prevista para as 2,46 horas deste martes.

TIROLINA

Sobre as 15,15 horas iniciáronse os traballos para poder restablecer a colocación da tirolina con terra e, desta forma, permitir que os operarios que estaban a bordo abandonen o buque. Agora, a empresa SMIT Salvage, estudará todos os factores que se dan nesta operación e decidirá cal será o seguinte paso a tomar.

Na zona tamén continúan o remolcador 'Vehintiocho', que está a ser utilizado como buque de apoio nestes labores e o remolcador 'Don Inda', de Salvamento Marítimo, que tamén está na zona do sinistro.

Traballos para desencallar o buque 'Blue Star' na costa de Ares.. JOSE A. MONTERO/EUROPA PRESS / Europa Press
Traballos para desencallar o buque 'Blue Star' na costa de Ares.. JOSE A. MONTERO/EUROPA PRESS / Europa Press

NOVA TENTATIVA

O operativo de rescate do buque 'Blue Star' realizará na madrugada deste martes, sobre as 2,46 horas da madrugada, un segundo intento para tratar de desencallar o barco quimiqueiro, coincidindo coa pleamar. O barco leva embarrancado desde o pasado 24 de novembro na zona das Mirandas, na costa de Ares (A Coruña).

Así o trasladaron a Europa Press distintas fontes das compañías involucradas na operación de rescate, logo de que no mediodía deste luns a acción dos remolcadores non lograse o obxectivo desexado, arrastrar mar adentro a embarcación sinistrada, aínda que se desprazou a popa do barco uns oito metros a babor.

Os técnicos esperaban unha maior ondada que servise de apoio nos traballos, e apenas chegaron aos tres metros. A pesar diso, destacaron que as estachas que unen ao 'Blue Star' cos remolcadores 'Boka Pegasus' e 'Union Princess' cumpriron co seu labor e isto facilita que se poida retomar esta operación á menor brevidade, e só agardando pola pleamar, condición esta indispensable para a manobra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta