Aberto o prazo para optar ás 15 bolsas de formación en oficinas de turismo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2019 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publica este luns as bases da nova convocatoria da oferta de formación práctica en atención e información turística para 2020, con 14 bolsas para traballar en oficinas de turismo e unha para desenvolver tarefas de investigación, tratamento e análise de datos estatísticos na área de Estudos e Investigación Turística da Xunta.

En total, informou a Administración galega, serán 15 bolsas, o que supón seis máis que na anterior convocatoria. Isto suporá que, no marco do Xacobeo 21, a Xunta "duplicará" o próximo ano a formación práctica nas oficinas da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, e que ofrecerá unha bolsa máis en Santiago.

O programa formativo desenvolverase ao longo dos anos 2020 e 2021 e os interesados poderán acceder a catro bolsas para realizar prácticas tuteladas en Santiago de Compostela, unha na oficina de turismo de Mazarelos, dous na oficina internacional de acollida ao peregrino e unha no aeroporto de Santiago.

Tamén haberá dúas bolsas para a oficina turística da Xunta na Coruña, para a de Lugo, para a de Ourense, para a de Pontevedra e para a de Vigo. En todos os casos, terán unha duración mínima de cinco meses, cunha incorporación prevista en maio de 2020.

Turistas
Turistas | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta