O negocio familiar Lolita Moda, nado en 1960, Premio Comercio de Galicia

A iniciativa dixital para asociacións de comerciantes lévalla a Fundación Santiago Centro-Área Comercial

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2019 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

O Premio Comercio de Galicia, dotado cunha contía de 9.000 euros, recaeu en 2019 en Lolita Moda, un negocio familiar que naceu en Noia en 1960 e que na actualidade dispón de oito tendas físicas (tres delas especializadas en nenos) en Boiro, Noia, Ribeira, Bertamiráns (Ames) e Pontevedra. En 2014 lanzou a súa tenda en liña, con máis de 50 marcas e 7.000 referencias.

Pola súa banda, o Premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes, cunha contía de 2.000 euros, levoullo a Fundación Santiago Centro-Área Comercial, pola posta en marcha de diversas accións "estreitamente vinculadas coa transformación dixital", segundo destaca a Consellería de Economía nun comunicado.

Entre elas, destaca a creación do Grupo de Comercio Innovador, a posta en marcha dunha plataforma en liña de venda conxunta de produtos en outlet e a distribución mensual dun boletín de innovación. Os premios provinciais, dotados con 4.000 euros cada un, foron parar a Oliveirais Shoes & Bags (na Coruña), Albo Zapaterías (Lugo), 4Elementos (Ourense) e Mekkdes (Pontevedra).

INNOVAR ANTE AS NOVAS DEMANDAS

Na entrega de premios este martes, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, destacou o compromiso do sector por innovar e responder ás novas demandas dos consumidores.

Os Premios do Comercio Galego valoran a transformación dixital, os servizos engadidos á propia oferta comercial, accións promocionais especiais e utilización de ferramentas como a web e as redes sociais como canles de comunicación e venda.

Tenda de roupa
Tenda de roupa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta