O PSdeG de Mugardos desobedece á súa dirección e vota como acalde ao popular Juan Domingo de Deus

A xa exregidora, Pilar Díaz, presentara previamente a renuncia á Alcaldía para tratar de frear o cambio. O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, puxera es condición que os seus edís non respectaron.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2019 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

O popular Juan Domingo de Deus foi elixido este martes como novo alcalde de Mugardos, na Coruña, ao prosperar a moción de censura presentada polo cinco edís do PP e os tres do PSOE o pasado 25 de novembro.

A moción de censura saíu adiante despois da celebración dun pleno extraordinario no que a xa exrexidora Pilar Díaz (Esquerda Unida) deu conta da súa renuncia á Alcaldía para tratar de frear o cambio. E é que os socialistas propuxeran como unha das condicións para non apoiar a medida que a alcaldesa dese un paso atrás.

Unha vez comunicada a renuncia, a partir das 12,00 horas, tivo lugar o pleno da moción de censura, no que todos os grupos ratificaron as posicións mostradas nos últimos días.

Así, Juan Domingo de Deus (PP) xustificou a presentación da moción de censura ao asegurar que o goberno local non miraba por "os intereses dos veciños" e cargou contra a xestión económica de Esquerda Unida, formación que rexeitou a moción de censura ao asegurar que non estaba xustificada.

Pola súa banda, o portavoz do Partido Socialista, José Ángel Martínez, considerou que "nada cambiou" desde o día da presentación da moción e referiuse aos problemas expostos durante o tempo que compartiu goberno con EU. Estas diferenzas motivaron que a alcaldesa a retirase as competencias aos socialistas, que posteriormente abandonaron a coalición.

Por último, o único concelleiro do BNG, levou a este pleno o acordo da asemblea nacionalista, que se situou en contra desta moción de censura.

OITO VOTOS A FAVOR

Tras as exposicións, os cinco concelleiros do PP e o tres do PSOE votaron a favor da moción de censura, que contou cos votos en contra de Esquerda Unida (cinco edís) e do único concelleiro do Bloque Nacionalista Galego. Deste xeito, o popular de Deus foi investido alcalde entre aplausos dun grupo de seguidores nun pleno que estivo repleto de xente e no que non se produciu ningún incidente.

Juan Domingo de Deus, novo rexedor de Mugardos, acompañado polo líder do PP na Coruña, Diego Calvo, e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez
Juan Domingo de Deus, novo rexedor de Mugardos, acompañado polo líder do PP na Coruña, Diego Calvo, e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez | Fonte: xunta.gal

"GOBERNAR PARA TODOS"

Unha vez investido novo alcalde, Juan Domingo de Deus asegurou que renunciaba ás "siglas" para "gobernar para todos". "Aínda que é certo que nos presentamos por un partido político, agora o que imos facer é gobernar para todos, sen as ataduras que aínda algúns teñen de dereitas ou esquerdas", manifestou para defender "os equipos e as xentes capaces de dialogar".

"Enterramos o pasado para mirar ao futuro", trasladou Deus nun pleno abarrotado no que apelou a todos aqueles que "antepoñen" os intereses dos "mugardeses" aos dos seus partidos. "Algo que non é bastante común na política actual", afirmou en clara alusión aos tres edís socialistas.

"RENUNCIA DE ÚLTIMA HORA"

Pola súa banda, o portavoz do grupo municipal do PSOE, José Ángel Martínez, asegurou que a renuncia presentada horas antes por Pilar Díaz á Alcaldía de Mugardos non garantía que se fose producir un "cambio na forma de actuar" do goberno.

Ademais, despois de que a alcadesa renunciase ao cargo pero non a deixar a súa acta de concelleira, o portavoz socialista asegurou que o que debería facer a rexedora é "dimitir" despois de telos "enganado e mentido". "Pasou un prazo de tempo máis que razoable desde que nós publicamos a nosa intención de presentar unha moción de censura e nada se nos dixo", destacou.

Por último, Pilar Díaz tivo palabras de felicitación para o novo alcalde de Mugardos, ao que lle trasladou que "sempre vai ter a colaboración de Esquerda Unida desde a oposición para sacar proxectos positivos para este municipio". Así mesmo, aínda que mostrou o seu desexo de que o novo goberno local poida lograr "éxitos" para Mugardos, cualificou a posición adoptada polo Partido Socialista como unha "traizón" á veciñanza.

RENUNCIA

Preguntada polos medios polo motivo de presentar horas antes do debate da moción de censura a súa renuncia como alcaldesa, Díaz lembrou que esta era "a condición do PSOE".

Con todo, censurou que esta petición nunca foi transmitida a Esquerda Unida formalmente polo que considerou que este martes quedou demostrado que o "pacto" entre POSE e PP é "opaco". Así, considerou que "hai algo máis detrás" que fai que o grupo municipal do PSOE sexa "incapaz" de seguir as directrices da súa propia organización.

"E estou segura que non é polo ben de Mugardos e que todos veremos co paso do tempo que é o que hai detrás deste pacto, e que os levou a realizar esta traizón a este pobo", manifestou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 bestarruza

A traballar ¡¡¡¡¡. Veña Pilar : A traballar, que xa che toca