Por E.P. | OURENSE | 11/12/2019 | Actualizada ás 13:41
Un incendio declarado na mañá deste mércores nunha casa no municipio do Barco de Valdeorras queimou por completo a vivenda e afectou a outra lindeira, sen que ningunha persoa resultase ferida.
Segundo informou o 112 Galicia, os feitos sucederon no lugar de Santigoso e o lume orixinouse sobre as 07:30 horas deste mércores nunha vivenda na que non había ninguén. Tras o aviso dun particular, por parte do CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros e GES de Valdeorras e da Garda Civil. As mesmas fontes sinalaron que os labores de extinción do lume e de retirada do cascallo finalizaron sobre as 12:00 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.