As salas de concerto denuncian ser asoballadas pola Xunta "que favorece ás salas de festa"

A Asociación Galega de Salas de Concerto reprocha á Xunta o "baleiro de contido" da licenza destes locais.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 11/12/2019 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

cA Asociación Galega de Salas de Concertos, Clubtura, reprochou á Xunta o "baleiro de contido" da licenza que se outorga a estes locais, segundo sinala nun comunicado.

Os profesionais do sector lamentan que "tras lograr que a categoría de salas de concertos fose recoñecida como algo específico dentro do catálogo de actividades, a Xunta baléirea de contido" no novo decreto horario "no que se reduce o horario de apertura con respecto ao de salas de festas, mentres que a estas permíteselles programar concertos". Explican que o pasado luns, día 9, "a comisión de espectáculos deu luz verde ao trámite dun novo decreto horario, que regulará a apertura e peche dos locais regulados no catálogo de actividades".

"Pero mentres no catálogo si se contempla a categoría de salas de concertos, algo que Clubtura pediu expresamente para dar entidade propia a todos os profesionais do sector que actualmente operan baixo a licenza de salas de festa, neste novo decreto horario baléirase por completo de contido esta categoría, que quedará deserta", engade.

"É dicir, en Galicia non existirán salas de concertos, só cafés concerto ou salas de festa", explica Alberto Grandío, presidente de Clubtura e a Asociación Cultural Coordinadora Estatal de Salas privadas de música en directo. "Se ambas poden programar concertos, ambas teñen os mesmos requisitos técnicos, por que só as salas de concertos debemos pechar antes?", preguntouse para denunciar que isto "deixa vacío por completo o contido da categoría".

O concerto de Projecto Miño de novembro no Círculo das Artes | Festival de Jazz de Lugo
O concerto de Projecto Miño de novembro no Círculo das Artes | Festival de Jazz de Lugo

Para a asociación, este "claro agravio comparativo" non fai máis que "constatar o evidente desinterese da Xunta por coidar e fomentar a cultura, e especialmente a música en directo en pequeno formato".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta