Mergulladores da Garda Civil buscan en Oroso á persoa desaparecida no Tambre

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2019 | Actualizada ás 10:51

Comparte esta noticia

Mergulladores do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil busca este xoves á persoa desaparecida no Río Tambre ao seu paso pola poboación de Sigüeiro, no municipio de Oroso (A Coruña).

Segundo informaron a Europa Press fontes do dispositivo, os GEAS proseguen este xoves a inspección do interior do río na zona de Sigüeiro, pero "sen resultado" polo momento. A situación no río este xoves "é complicada" porque "leva moita forza a auga", comentaron fontes próximas ao dispositivo, que apuntaron a que se sospeita que o desaparecido é un home veciño de Sigüeiro.

No entanto, por parte da Garda Civil apuntouse que non hai denuncia de desaparición de ningunha persoa na zona ata a data.

Efectivos da Policía Local e de Protección Civil permanecen á espera de, en caso de ser requirida a súa colaboración, sumarse de novo ao operativo en función de como transcorra o dispositivo.

Mergulladores do grupo GEAS da Garda Civil buscando un desaparecido no río
Mergulladores do grupo GEAS da Garda Civil buscando un desaparecido no río | Fonte: Guardia Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta