Temas: A CORUñA

A Xunta avisa de que o proxecto de Fomento de acceso ao porto exterior coruñés "é incompatible" coa Cuarta Rolda

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2019 | Actualizada ás 15:36

Comparte esta noticia

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, defendeu este xoves no Parlamento galego o apoio da Xunta á Cuarta Rolda, mentres reclamou ao Ministerio de Fomento que reformule o proxecto de acceso ao porto exterior da Coruña, pois é "materialmente incompatible" con esta infraestrutura ao transcorrer polo mesmo espazo.

O director xeral da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez
O director xeral da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez | Fonte: Europa Press

En resposta a unha pregunta do Grupo popular na comisión de Ordenación Territorial, Menéndez deixou claro que "a prolongación do acceso ao porto exterior non é a Cuarta Rolda", pois "non ten sentido se non hai ligazón completa coa AG-55" para o desconxestionamento do tráfico da zona e unha mellor vertebración do territorio.

Respecto diso, indicou que o Goberno galego está á espera da resposta do Ministerio de Fomento sobre a súa proposta para regularizar o acceso ao porto de Langosteira.

A alternativa que defende a Xunta implica que Fomento asuma a titularidade da AG-55 no tramo entre A Coruña e Arteixo, cun itinerario de titularidade continuo desde a A-6.

A continuación lembrou a petición exposta pola Xunta e Concello de Arteixo nas últimas semanas para que haxa un cambio de titularidade e sexa libre de peaxe o tramo entre A Coruña e Arteixo. Para iso, o Estado debería abonar unha contía anual de 3,8 millóns entre 2020 e 2024 para o pago da compensación da concesionaria da AG-55.

Temas: A CORUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Mira quen vai falar de gratuidade (?) o cachorro do PP que antes o tiñan mangoneando Augas de Galicia para darlle a tallada a OHL na EDAR do Lagares... (aínda ninguén coñece os índices de depuración real deste monstruo de formigón!) https://flic.kr/p/QpAGAj