A Xunta anuncia oposicións para 3.654 prazas de educación en 2020

Hai para catedráticos de educación secundaria, escolas oficiais de idiomas e artes plásticas e deseño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2019 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta aprobou este xoves o decreto da oferta pública de emprego (OPE) docente para o próximo ano, que inclúe un total de 3.654 prazas, a oferta máis ampla da historia deste ámbito.

En concreto, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional concretará o número de prazas para cada especialidade na convocatoria das oposicións, que se publicará no Diario Oficial de Galicia (DOG), previsiblemente, dentro do primeiro trimestre do ano 2020.

Entre os elementos máis destacados da OPE, a Xunta puxo en valor unha "especial aposta pola FP, coa oferta de 363 prazas de novo ingreso de profesores técnicos destes ensinos, o que multiplica por catro as 2007, ano coa oferta máis ampla ata o momento".

Ademais, o Executivo autonómico lembrou que se convocan 1.300 prazas para catedráticos de educación secundaria, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño. Isto, segundo indicou a Xunta, supón permitir por primeira vez en 12 anos que os docentes destas áreas accedan á cima da carreira profesional.

ESPECIALIDADES

Por corpos, ofértanse 747 prazas de mestres (ingreso), 1.041 de profesores de educación secundaria (781 de ingreso e 260 de promoción interna), 363 de ingreso para docentes técnicos de FP, 68 para escolas oficiais de idiomas (30 de ingreso e 38 de cambio de corpo).

Tamén 85 prazas de ingreso para profesores de música e artes escénicas, 40 para artes plásticas e deseño (30 de ingreso e 10 de promoción interna).

Ademais, convócanse un total de 1.232 prazas de catedráticos de ensino secundario, 50 para escolas oficiais de idiomas e 18 para artes plásticas e deseño, todas de carreira profesional. Por último, haberá un total de 10 prazas de promoción interna para inspectores de educación.

Oposicións en Galicia. XUNTA - Arquivo
Oposicións en Galicia. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta