O Colexio galego de arquitectos súmase ás campañas da Xunta para promover o uso da madeira na construción

Ambas as partes asinan un convenio de colaboración.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 12/12/2019 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

A Xunta e o Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) asinaron un convenio de colaboración para promover o uso da madeira na construción. Deste xeito, o Goberno galego aspira a continuar a súa aposta pola bioeconomía, segundo a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Madeira lista para ser procesada
Madeira lista para ser procesada

Con esta colaboración búscase potenciar este modelo co obxectivo de favorecer "o emprego verde, o consumo de produtos locais e o compromiso ambiental".

En concreto, o acordo permitirá promover a madeira como un produto de "calidade", para o que o Executivo galego e Colexio de arquitectos deseñarán actuacións que divulguen as súas vantaxes "sociais, ambientais e económicas". Ademais, desenvolverán accións de asesoramento mutuo, transferencia de coñecemento e divulgación.

Con este obxectivo, a Xunta promoveu proxectos que reflicten o seu compromiso ambiental mediante actuacións executadas en edificios de localidades como Vigo, Moaña, A Laracha, O Porriño e A Estrada.

Nesta liña, a Axenda de impulso á industria forestal, que aspira a fomentar a bioeconomía e xerar valor engadido na cadea monte-industria, apoia a máis de 350 pemes, forma a 5.600 persoas e mobiliza uns 125 millóns de euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta