Música, teatro, contacontos e xogos formarán parte da Festa do Apego de Santiago de Compostela

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2019 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

O sábado 28 de decembro, o Auditorio de Galicia acollerá a terceira edición da Festa do Apego, unha feira de contos, música, xogos, información e propostas para a crianza na que os nenos poderán gozar e socializar en galego durante todo o día.

A concelleira de Políticas Lingüísticas de Santiago, Noa Díaz, acompañada de Soco García Conde e Marta Bicada, técnicas do Departamento de Lingua, presentou este xoves programación deste evento, que inclúe actividades continuadas e simultáneas e propostas relacionadas co xogo, a creatividade manual, a danza e o movemento, a literatura, a música, as artes escénicas e o audiovisual.

A Festa do Apego está especialmente dirixida ao público obxectivo do programa Apego (nenos de 0 a 6 anos) e a entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade en cada espazo.

A Festa do Apego contará igualmente con teatro co espectáculo 'Nube, nube, sol', dirixido a nenos ata 3 anos, e de Elefante Elegante, que representará 'Patapatum', para nenos e nenas a partir dos 3 anos.

O proxecto Apego tenta difundir o galego entre os máis novos
O proxecto Apego tenta difundir o galego entre os máis novos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta