Temas: BOIRO ASASINATO

O xurado declara culpable de homicidio ao home que matou a puñaladas a unha amiga en Boiro

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2019 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

O xurado popular declarou culpable dun homicidio doloso ao home que matou a puñaladas a unha amiga coa que convivía en Boiro, uns feitos que se remontan ao mes de xullo de 2017. Así o determinou o xurado popular tras unhas horas de deliberación sobre o caso, que foi xulgado esta semana na sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago.

Xulgados.
Xulgados.

Os feitos remóntanse ao mes de xullo de 2017, cando o acusado e a vítima, aos que unía unha relación de amizade, vivían xuntos na zona de Ribeira. O día 31, segundo o escrito de acusación de Fiscalía, ambos pasaron a noite con varios coñecidos e, ben en compañía deles ou ben posteriormente, consumiron cocaína. Ademais, o acusado inxerira " moito alcol".

Tras marcharse os coñecidos en común, e mentres ceaban, a vítima e o acusado mantiveron unha forte discusión "por temas de diñeiro", durante a cal o procesado colleu un coitelo de cociña de 15 centímetros de folla coa intención de atacar á vítima.

Ela "fuxiu escaleiras arriba tratando de refuxiarse nalgunha das estancias do piso superior", pero foi alcanzada no cuarto de baño, onde o acusado acoitelouna varias veces. Dúas das puñaladas atravesaron a cavidade torácica e abdominal e, tras lesionar o pulmón, alcanzaron a aorta descendente, unha "lesión mortal". A vítima faleceu pola hemorraxia aguda interna "de forma inmediata".

Tras darse conta de que non se movía, o home "tentou facer torniquetes" á vítima co pantalón que ela vestía e unha camiseta e chamou ao 112 para avisar e facer crer que outra persoa a atacou. O acusado fuxiu ao chegar a Garda Civil, pero foi detido pouco tempo despois.

Por estes feitos, Fiscalía considerou ao home autor dun delito de homicidio doloso e pediu para el a pena de 12 anos e medio de prisión. A defensa, pola súa banda, consideraba que se produciu un homicidio imprudente ou con dolo eventual.

Tras asistir ás sesións do xuízo e deliberar, o xurado determinou a última hora deste xoves que o home é culpable dun delito de homicidio doloso, aínda que teñen en conta a eximente incompleta de consumo de substancias, especialmente alcol, cando se produciron os feitos.

Temas: BOIRO ASASINATO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta