Xunta e Goberno destinarán 14,5 millóns ata 2022 para a restauración de zonas afectadas por incendios

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2019 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

A Xunta e o Goberno central destinarán un total de 14,5 millóns de euros para realizar actuacións ata finais de novembro de 2022 de restauración hidrolóxica forestal de zonas afectadas por incendios en Galicia.

O Consello da Xunta autorizou este xoves a firma do convenio co Ministerio de Agricultura, polo cal o Goberno galego compromete 7,5 millóns e o Executivo central pon os 7 millóns restantes.

Estes traballos faranse en 11 distritos forestais nas catro provincias galegas. En concreto, á Consellería de Medio Rural correspóndelle: Barbanza, A Fonsagrada-Ancares, Terra de Lemos, Ribeiro-Arenteiro, Miño-Arnoia, Valdeorras-Trives, Verín-Viana e A Limia. Pola súa banda, ao Ministerio correspóndelle: Condado-Paradanta, Vigo-Baixo Miño e Caldas-Salnés.

Estas intervencións pasan por tratamentos posincendios de conservación de chans, eliminación de restos forestais, reforestación de zonas afectadas e restauración vexetal.

OUTRO ACORDO

Noutra orde de cousas, o Consello da Xunta autorizou este xoves o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade a favor do Concello de Ribadumia dun tramo de estrada provincial EP-9506 Barrantes-Vilariño, que coincide coa rúa Condesa.

En concreto, trátase dun tramo de 112 metros que ten carácter netamente urbano, con presenza de edificacións, zonas de aparcadoiro e numerosos comercios en ambas as marxes.

Monte queimado
Monte queimado | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta