Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2019 | Actualizada ás 12:16
A compravenda de vivendas baixou un 0,6% en outubro en Galicia en relación co mesmo mes de 2018, ata 1.448 operacións, segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estadística (INE).
Este retroceso do 0,6% na Comunidade galega é lixeiramente inferior á baixada do 1,5% que ten lugar no Estado neste mes. A caída máis acusada prodúcese en Navarra (-24%) e o maior aumento en Castela-A Mancha (+8%).
Deste xeito, Galicia acumula catro meses consecutivos de cifras en negativo (xullo, agosto, setembro e outubro), xa que o último aumento interanual tivo lugar en xuño (+4,5%). En total, as leiras transmitidas inscritas nos rexistros alcanzaron na Comunidade galega as 8.369, un 1,9% menos, 382 por cada 100.000 habitantes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.