Activado o Plan especial por risco de inundacións ante o aumento de caudal de diversos ríos en Galicia

Hai alertas por desbordamento en ríos de Lugo, A Coruña e Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2019 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias activou o Plan especial por risco de inundacións debido ao incremento de caudal de diversos ríos da comunidade galega.

En concreto, segundo informou o 112 Galicia, a última hora do xoves detectouse nos ríos Ouro, Landro, Covo (Lugo), Eume, Mandeo, Mero, Xallas, Ulla (Coruña), Umia e Verdugo (Pontevedra).

Así mesmo, este venres engadíase outra serie de ríos ao seguimento por crecidas, tras rexistrarse un aumento nos niveis no Landra, Parga e Arnoia. Os servizos de Emerxencias advirten de que poderían producirse inundacións puntuais nas súas contornas, e recomendan extremar as precaucións, como retirar os vehículos do bordo dos ríos ou abandonar as actividades en cursos fluviais.

Crecida do río Segura na cidade de Murcia. CONCELLO DE MURCIA - Arquivo
Crecida do río Segura na cidade de Murcia. CONCELLO DE MURCIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta