A falta de persoal é a gran causa da saturación do Sergas

Unha auditoría oficial do Consello de Contas alerta nalgúns servizos os pacientes son clasificados por persoal non sanitario. Hai hospitais que teñen un 39% menos do persoal do que necesitarían.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 09/08/2012 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

O Consello de Contas de Galicia, órgano fiscalizador da xestión económico-financeira do sector público,  acaba de publicar un informe das  auditorías realizadas nos servizos de urxencias de dous hospitais comarcais (Valdeorras e Monforte) e tres complexos hospitalarios (CHUAC, CHUS e CHOP).

O informe xeral indica que "o aumento da demanda asistencial urxente, a saturación dos Servizos de Urxencias Hospitalarios e a inadecuada utilización destes servizos obedecen a diversas causas", entre as que cita "un dispositivo asistencial de primaria escasamente resolutivo que xera a consecuente desconfianza dos usuarios respecto a que no dito nivel poida ser satisfeito con rapidez o seu problema de saúde".

En opinión do sindicato CIG-Saúde,  coa chegada ao goberno da Xunta do PP de Feijoo iniciouse o desmantelamento da Atención Primaria, eliminando os incrementos en dotación técnica e de persoal que estaban previstos.

Outra das deficiencias que recolle o informe é  que "a estrutura física dos cinco SUH fiscalizados presenta deficiencias e disfuncionalidades que repercuten no seu correcto funcionamento, sendo o máis afectado o CHUAC no que a dimensión e distribución do servizo imposibilitan, na práctica, a prestación dunha adecuada atención". O pasado 1 de agosto, sen ir máis lonxe, CIG-Saúde na Coruña emitía unha nota de prensa que viña afondar nas denuncias previas sobre a situación de caos no servizo de urxencias do CHUAC.

Os avaliadores destacan tamén que na data de realización das auditorías (2010), só un servizo de urxencias tiña implantada a triaxe, que o propio informe describe como "alicerce básico sobre o que debería xirar a atención en urxencias, como medio de asignar o nivel de prioridade e de fixación dos tempos de resposta máximos en función da mesma". Nalgún caso, e tal e como recolle o informe, a clasificación previa faina "persoal non sanitario que desenvolve funcións administrativas na área de admisión de urxencias".

Ademais disto, o informe fai unha análise dos recursos humanos dos servizos de urxencias auditados, e recolle que no 2010 aínda había dous servizos dos estudados que non dispoñían de Plan Funcional, e nos que si o había ou ben a dotación de persoal que estaba implementada no servizo era menor que a que se recollía neles, ou ben existía certa variabilidade e desorganización na distribución do persoal, polo que a cobertura non era axeitada.

"A dotación de efectivos para cubrir a infraestrutura organizativa prevista é deficitaria nas distintas institucións, de forma máis acusada no estamento de persoal facultativo dalgúns dos centros, que chega a alcanzar o 39% menos". E engade que esta falla de persoal estábase cubrindo con xornada complementaria (horas extras), en moitos casos excesiva, superando mesmo o 50% da xornada ordinaria.

A política de persoal recibe moitas críticas. "Nas distintas institucións analizadas, vense recorrendo, de forma desproporcionada, á contratación eventual (prevista en situacións de carácter temporal, conxuntural e extraordinario) para a cobertura de necesidades estruturais ou para a substitución de persoal en supostos de ausencia, non adecuándose tal modalidade contractual á natureza da prestación de servizos. No primeiro suposto prolifera esta contratación en detrimento dos procesos selectivos para a cobertura das necesidades con persoal fixo. No segundo, en lugar de formalizarse o correspondente nomeamento de substitución de carácter nominativo tipificado respecto diso, recórrese aleatoriamente á formalización dun contrato por un prazo determinado coa finalidade de cubrir diversas continxencias de varios traballadores" critica o Consello.

Sobre os tempos de espera en urxencias, o informe tamén é demoledor: "respecto dos pacientes para os que se acordou o ingreso, a prolongación da súa permanencia en urxencias representa unha das causas fundamentais da saturación do servizo, apreciándose nos complexos hospitalarios en maior grao, con especial incidencia no CHUAC. (...) a asignación de cama para urxencias non está debidamente priorizada nin protocolizada, nin existe unha programación que permita xestionar a presión asistencial urxente coas debidas garantías, o que constitúe unha das causas de saturación da área de urxencias debido ao fluxo de entrada de pacientes e ao estar ocupados os recursos polos enfermos xa atendidos". A CIG-Saúde ven denunciando que a situación dos servizos de urxencias é caótica, sendo o caso do CHUAC o máis grave dos estudados.

O Consello de Contas, para rematar o informe, emite unha serie de recomendacións a respecto dos aspectos analizados nas auditorías, recomendacións que poden verse no propio texto do informe.

Colas nun centro do Sergas
Colas nun centro do Sergas | Fonte: vexovigo.blogspot.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

7 Xoelho

Se tanta xente sobra e hai que botala dos seus postos de trabalho, ¿onde está o dereito a un trabalho digno de todo o mundo? Se sobran e non poden ter medios de vida, entón sobran na vida. ¿Que solución proponhen todos eses que din que sobra moita xente e, de feito, 5 millóns hai no paro? ¿Non pode trabalhar todo o mundo e cada vez hai menos cobertura do desemprego, ademais de esta non ser eterna? Ben, entón a solución, á parte do suicidio, poden dicir eses listos cal é? ¿Uns tenhen dereito a vivir e disfrutar e outros "sobran"? Esa é a lóxica do capitalismo, sistema inestable por natureza e condenado ás crisis cíclicas que se repiten invariablemente. Un sistema xa caduco e antisocial.

1 anonimo

O exercito de traballadores na reserva, do que falaba Marx, tan necesario pra o funcionamento da maquinaria capitalista e aumente a tasa de beneficios, que é do que se trata. Espera que non decidan que sobran varios centos de millóns de seres humanos e comencen unha guerra nuclear.

6 Krankenschewster

No ano 2009 gastouse un millón de euros nunha auditoría externa para saber o porqué do mal funcionamento no servizo de Urxencias do CHUAC. O resultado, a grosso modo, foi este: O servizo funciona ben, a pesar das carencias e o pésimo funcionamento e xestión de todo o hospital. Isto escoiteino eu nunha reunión coa Comisión de Persoal e como traballadora do servizo. Un millón de euros gastados en saber o que xa sabemos as persoas que alí traballamos. A calquera persoa que crea que minto invítolle a que pase uns tres ou catro días en Observación.

1 Krankenschewster

Lectura recomendable. Narración dun paciente: http://www.lavozdegalicia.es/galici...

2 anonimo

E que agora imos querer ter unhasanidade coma a de Suecia ou Alemaña cando no estado español se gasta en políticas sociais menos da metade que ditos países en relación co seu PIB, ocupando os últimos lugares de Europa en esa relación. O que se estáé a facer unha sanidade ruinosa e inviable para ter a escusa da sua privatización. Caendolle a familiares ou amigos ese botin privatizado como está a contecer na comunidade Madrileña. E logo saltan a falacia do funcionario burócrata e parásito que hai que eliminar. Pois eu non vexo que eliminen deputacións, que as reforzan, senado ou multiples chiringuitos, nin postos a dedo os cales potencian. Eu vexo que a seman pasado pecharon duas Galiñas azuis e dous centros de atenciós a descapacitados.

3 Dr Bacterio

A narración dun doente no ano 2008. En obsevación do CHUAC, falta moito espazo, pero a calidade asistencial é boa, grazas ao esforzo e dedicación da maoiría do persoal(entre o que non se atopa Krankenschewster, que se dedica a desprestixiar a Sanidade Pública). As queixas dos doentes son polo tempo de espera, non por como son atendidos.

4 Krankenschwester

Dr Bacterio, non sei se eu non me expliquei ben ou vostede malinterpretou a miña intención. Eu son unha das persoas ás que fai referencia o xornalista Miguel Sande no seu artigo. Son unha das enfermeiras daqueles turnos de noite, para máis inri. Nunca esquecerei as conversas que tiven co xornalista e nunca creo que poida manifestar o meu agradecemento polas súas palabras. Cre vostede que o proporcionaría como argumento sendo eu unha das traballadoras?

5 Krankenschwester

A miña crítica é ó complexo e a unha mala xestión. Como se pode permitir que unha institución pública gaste un millón de euros nunha auditoría externa para chegar á conclusión que o persoal non é o problema. O persoal do CHUAC non é o problema, o problema son os xestores que non toman en conta a opinión de usuarios, familias ou persoal para algunhas decisións, cando son a voz do sentido común e parte implicada.

6 Krankenschwester

Dr Bacterio: A moita xente lle interesa desprestixiar ós servizos públicos mais NON A MIN. Son unha simple traballadora, non teño ningún interés na sanidade privada. Levo loitando moitos anos polo meu servizo e o hospital, por facer ben o meu traballo e dar unha calidade de atención como para ter que aturarlle leccións a calquera advenedizo. Levo pasado moitos malos momentos por culpa dalgúns "xestores" e "administradores" neglixentes, case todos eles cargos de confianza (nominación dixital).

7 Krankenschwester

Esas persoas si teñen intereses espúreos e non as persoas que traballamos cada día dando a cara ante os usuarios. As nosas nóminas son transparentes, están reguladas por lei e calquera as pode consultar. Quen non queira ver máis aló ten un gran problema de discernimento.

8 Dr. Bacterio

Krankenschwester:Por que non nos fala Vostede do aumento de mandos intermedios en Urxencias do CHUAC, tanto en Coordinadores Médicos como de Enfermería que se multiplicaron, non se sabe moi ben para que?. A pesar de todo iso a atención hospitalaria e a calidade asistencial en Urxencias do CHUAC é comparable a de calquera hospital, tanto público como privado, da Unión Europea, xente como Vostede que se dedican non medios de comunicación a difamar a Sanidade Publica, con ou sin intención, o que están e favorecendo a opinión de que a Sanidade Privada é millor que a Pública. Por outra banda que é o que fai a Xunta de Persoal da Área Sanitaria por subsanar as deficiencias que poida haber?

9 Krankenschwester

Dr Bacterio: Non sei se vostede non entende o que eu digo ou non quere entender. Eu fago referencia ó aumento abusivo dos "cargos de confianza", entre eles no servizo de Urxencias, e non ós meus compañeiros/as que traballan de cara ó usuario. Fago referencia á Xunta de Persoal. Se non leu/interpretou o que eu escribín, é o seu problema. Para a súa tranquilidade, por último, dígolle que si, que ten vostede razón e que son unha maléfica difamadora e que quero arruinar ás institucións públicas e lucrarme. Saúde e que sexa moi feliz.

5 Dr Bacterio

É imposible entrar a debatir en serio con tanto troll como hai( vese nos comentarios ) para perder o tempo prefiro ver as olimpiadas

1 Zombielandia

Estás de sorte cando rematen as olimpiadas empezache o furbó.

4 Xian

Que cumpran horarios, que poñan os liberados sindicais a traballar e que controlen a duración dos cafés: sobra persoal.

1 antiespañol

Non é incombustible o troll reaccionario nin nada.

2 Alucino

Sobran miñaxoias, e punto. Vivimos nunha sociedade de xente egoista, individualista, autista e unmune aos problemas dos demais, as tuas verbas serian unha cantinflada senon fora que hai xente que lle está a costar a vida. Ou faltanche datos, ou vives no mundo de Iupi ou non sei...porque hai que ser ven cego para non decatarse que non recortan nos enchufados parasitos e burócratas que non fan nada etc. Recortan en servizos vitais que queren privatizar. PRIVATIZAR eso é a verdade que está no fonda botella. E ninquen quere facerse coas administración, queren facerse coa sanidade, educación e demais sectores que poden dar moitos beneficios.

3 Y un cuerno

Ojalá lo privaticen todo cuanto antes. Los que cumplen no tendrán ningún problema, pero por lo menos en cualquier empresa si eres un inútil y no das golpe o tratas mal a los clientes, te puedes ir a la calle. En el SERGAS ya puedes pasar de todo y dejar morirse a 3 o 4 pacientes que son intocables y tendrás un buen sueldo hasta que te jubiles con una pensión máxima

4 Alucino

Ti non tes idea do que falas. Como nas empresas privadas non se salvan os millores, salvanse os que mais beneficios ou peloteo fan. No servizo sanitario ianqui tanto privado como de cotización ou de beneficencia (Medicaire e Medicaid) o mais caro do mundo e con peores resultados. Onde pides consulta e negancha según o seguro. Onde en uexencias non che atenden pola gravidade da urxencia senon polo tipo de seguro, sendo os médicos que mais pacentes con seguros ventaxosos os mais recoñecidos. Onde nun seguro privado tes que ser pitoniso para que non teñas doenzas que non entren no seguro contratado. Onde se pagan mais por indemnizacións por malas praxes que por todalas demais actividades...

5 Y un cuerno

Tengo más idea que tu. El problema es que muchos como tu viven del erario público sin dar golpe y no quereis perder el chiringuito del que chuchais. El problema es que hay muchos médicos en el SERGAS a quienes les interesa que la sanidad pública sea cada día peor para desviar pacientes a su consulta privada y luego forrarse, cobrando dos veces por lo mismo. A ver si dejamos de engañar y empezamos por reconocer que lo único que no funciona mal es el servicio de Urgencias. Lo demás es todo una basura cara que pagamos todos.

6 Vou canso de alucinar

Pois terei que ir cobralo que me deben a administración, porque levo mais de 30 anos cobrando e traballando no privado. Cecais non che interese a verdade, cecais non teñas moita luces, pero podes informarte ben porque tes boa documentación tanto de orgaismos oficiais coma dos propios orgaismos de saúde da ONU sobre as ventaxes da sanidade pública sobre a privada. O mesmo Obama fixo unha reforma sanitaria para dar unha miserable asistencia a mais de 40 millóns de ianquis que non tiñan ningún tipo de cobertura médica. Se tiveras lixeiras nocións de sanidade saberias que a millor mediciña e mais barata é a de prevención, non a de curación. Algo que non interesa a empresas sanitarias capitalistas porque é facer investimentos inmediatos para obter beneficios a mais longo prazo a parte do mais importante A PROPIA SAÚDE. O que interesa nos negocios capitalistas e como tal a sanidade privada tamén o é, son os beneficios inmediatos, cortoplacistas e con menos investimentos.

7 Xa non alucino mais

Por certo están escarallando a sanidade privade a posta, nada millor que ter unha sanidade pública ruinosa pra ter a desculpa da sua privatización. Despois privatizaranlla a uns familiares ou amigos (Esperanza Aguirre ten boa ex neso)perencia)i eles entraran cun soldo vitalicio no concello de administración. Cecais ti si teñas intereses no tema privatizador.

8 Y un cuerno

Si tuvieras ligeras nociones de dignidad empezarías a centrarte en lo problemas de la asquerosa sanidad pública que mantenemos y dejarías a los yanquis en paz, cuyos problemas sanitarios me la pelan. Que arreglen sus problemas. Que quieres que te diga, yo no tengo parientes médicos en el SERGAS que me "arreglen" la lista de espera. Las empresas capitalistas que tu dices son las que inventan todos los avances farmacéuticos y todos los tratamientos que nos han logrado alargar la vida media. Aunque todo hay que reconocerlo, también pagan jugosos cazos a muchos médicos del SERGAS para que receten sin ton ni son. Otra cosa, si quieres sanidad pública, toda para ti. Pero yo renuncio a ella ahora mismo con tal de que me descuenten su coste de mis impuestos. Estoy hasta los mismísimos de mantener a tanto parásito

9 Tamifú

Coas farmaceuticas topamos,gran exemplo de facer negocios a conta da saúde dos demais. nada meu que che vaia ben e non esquezas a medicación.

10 Gripe aviar

Queria decir Tamiflú,onde inventan doenzas pra darche drogas, onde o importante non ´r curar senon que teñas cuidados paulativos e sigas consumindo, omde unha droga sanache dunha cousa e faiche enfermo de outra. por certo eu renunciei ó coche, non vexo porque teño que dar cartos para estradas e industria automovilistica, eu sonateo non vexo porque teño que dar cartos pra bruxerias, son antimilataristas non vexo porque teño que dar cartos pra industria da morte, teñolle mais medo a policias que a delincuentes non vexo...non me considero español non vexo porque teño que pagar trabucos pra manter ese tinglado.

11 Susofis

En realide, Y, as farmacéuticas non son para nada responsables deses avances dos que falas... A realidade é que os grandes avances en materia de saúde proveñen, na súa inmensa maioría, de investigacións realizadas por organismos públicos, tanto aquí coma no estranxeiro. As farmaceúticas só investigan nas liñas con rendibilidade asegurada, como corresponde a unha empresa privada, e a investigación sobre causas e mecanismos das enfermidades é moi cara e non da beneficios a corto prazo... se e que os dan. E por certo, para mellorar a sanidade pública o que hai é que xestionala ben. ¿Ti viches algunha medida entre as actuais dirixida a facelo?

3 berro_checo

Pois hai pouco estiven eu nas urxencias do Juan Canalejo e unha maruja con pálpitos botouse fora de cristiana porque un celador falaba co móbil no seu traballo; que non era que faltase xente, senón que médicos, enfermeiras e outros sanitarios eran uns larcháns; que na súa empresa tiña que deixar o móbil na taquilla, e se a chamaban facíano ao fixo da empresa e xa decidiría o xefe se o recado era urxente ou non e podía pasarlle a chamada. Solución para esta seguidora de Belén Esteban: que había que privatizar o SERGAS que así se poñerían a traballar.

1 Susofis

Non cabe dúbida de que a estratexia para a súa privatización vai funcionando de marabilla. E canto máis se deteriore a sanidade pública, máis pedirá a xente, aborregada e aturdida, unha sanidade privada. Isto vai ser moi triste. E moi caro. Eu traballo no SERGAS,e vexo tódolos días o que se está a facer. A xente non entende o que conleva privatizar a saúde, sobre todo para os que non teñen recursos. Pero ista é a sociedade que creamos, faille falta unha boa labazada nos fuciños para recuperar a sensatez.