Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2019 | Actualizada ás 16:50
A situación de adversidade meteorolóxica permanecerá en Galicia este domingo e un temporal costeiro obrigará a elevar o nivel de alerta de amarela, decretado para o sábado, a laranxa en todo o litoral do territorio.
Segundo os datos de Meteogalicia, o fenómeno meteorolóxico no litoral, onde se esperan ondas superiores a cinco metros de altura, dará comezo a partir desta madrugada e estará activo ata as 15,00 horas do luns.
Así mesmo, tamén está activado o nivel de alerta amarela por choivas entre as 00,00 horas e as 06,00 horas, no suroreste e oeste da Coruña, e no interior de Pontevedra, onde se esperan acumulacións de auga superiores aos 40 litros por metro cadrado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.