Temas: A CORUñA MORTE

Atopada morta unha muller duns 70 anos que buscaban desde este sábado preto da estación de tren da Coruña

Os servizos de emerxencias chegaron a falar coa muller por teléfono para que lles dese indicacións sobre onde se atopaba.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 15/12/2019 | Actualizada ás 12:34

Comparte esta noticia

Unha muller duns 70 anos que buscaban desde a noite deste sábado nas inmediacións da estación de tren da Coruña foi atopada falecida, na mañá deste domingo, preto da bifurcación de Uxes. Segundo informan fontes do 112 Galicia, foi un familiar quen alertou sobre as 22,30 horas do sábado de que a muller se tería desorientado nunha zona próxima á terminal.

Ambulancia do 061.
Ambulancia do 061.

Con esta información, a central de emerxencias pasou o aviso á Policía Local e Nacional, a Protección Civil, á Garda Civil, aos bombeiros e a Adif. De feito, o persoal da estación de tren suspendeu a circulación temporalmente para colaborar na búsquerda.

Durante o operativo, indican as mesmas fontes, os servizos de emerxencias chegaron a falar coa muller por teléfono para que lles dese indicacións sobre onde se atopaba. Con todo, os labores continuaron sen éxito durante a madrugada.

Así, ao redor das 9,15 horas da mañá deste domingo, o 112 recibiu unha chamada do persoal da estación de tren na que se indicaba que a atoparon "aparentemente falecida" nun lugar próximo á bifurcación de Uxes, á altura do Polígono de Pocomaco.

Foron os profesionais sanitarios de Urxencias Sanitarias-061 os que, personados no lugar, constataron a morte da muller.

Temas: A CORUñA MORTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta