Refórzanse os controis de seguridade en xoguetes e grilandas de cara ás compras de Nadal

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) calcula que detecta 1 de cada 4 produtos inseguros do total de España.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2019 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

A Consellería de Economía, Emprego e Industria intensificará, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), os controis de seguridade nos produtos en venda para "protexer os dereitos dos consumidores" de cara ás compras do Nadal.

Grilandas do Nadal
Grilandas do Nadal | Fonte: Europa Press

Os controis, que se realizan de forma coordinada entre a Inspección de Consumo e o Laboratorio de Consumo de Galicia, centraranse este ano nos xoguetes para menores de tres anos e as grilandas luminosas.

Ademais, como parte da campaña 'InfoNadal', na que se enmarca o reforzo dos controis, a Escola Galega de Consumo está a celebrar charlas participativas sobre consumo responsable dirixidas principalmente aos centros educativos, organizacións de consumidores e demais colectivos.

Desta forma, Galicia situouse en 2018 como a Comunidade Autónoma que máis produtos perigosos comunicou á Rede de Alerta estatal cun total de noventa e oito. Así, o IGCC calcula que atopa "un de cada catro produtos inseguros detectados en España".

Á parte dos controis, a Consellería de Economía tamén recomenda aos consumidores que opten por grilandas a pilas en lugar das que se conectan á rede eléctrica, que comproben se os xoguetes dispoñen da marcado CE ou que garden sempre o ticket de compra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta