Rueda pide "unha explicación" á participación do fiscal de Medio Ambiente nun acto do PSOE

Tratábase dun "laboratorio de ideas" que organizaran os socialistas e ao que acudiu o fiscal "en exercicio".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2019 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou este luns que "alguén tería que dar algunha explicación" á participación este fin de semana do fiscal de Medio Ambiente, Álvaro García Ortiz, nun acto "claramente partidista" do PSOE.

Así se referiu á participación nun 'laboratorio de ideas' do PSOE deste fiscal "en exercicio", unha cuestión ante a que o popular afirmou sentirse "sorprendido", dado que o "obxecto" do encontro era "facer un programa de goberno para un cambio" e, por tanto, "claramente partidista".

"Alguén tería que dar algunha explicación, porque á vista do Estatuto do Ministerio Fiscal, non parece que esa presenza poida ser moi compatible, iso nos parece a nós", dixo Alfonso Rueda.

Do mesmo xeito, subliñou que se "se dese a situación contraria", isto é, que un fiscal en activo participase nun acto do PP, "o Partido Socialista estaría a denunciar". "Non me cabe ningunha dúbida", resolveu.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. XUNTA
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. XUNTA | Fonte: CONCHI PAZ - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta