Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2019 | Actualizada ás 17:42
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (Ados) convidou aos cidadáns a participar na campaña 'Nadal 2019' e, deste xeito, "sumarse ao seu equipo", tal e como reza a lema desta iniciativa. Segundo informou a entidade nun comunicado, nestes momentos é necesario incrementar o volume de doazóns dos tipos A Negativo, A Positivo e Cero Negativo.
Os períodos vacacionais, como o Nadal e as pontes festivas, lembraron, necesitan un reforzo no chamamento á participación dos cidadáns xa que, nestes períodos, pode baixar o número de doazóns, pero non sucede o mesmo coa demanda de compoñentes sanguíneos nos hospitais. Diariamente son necesarias entre 400 e 500 doazóns para garantir a cobertura.
As dez unidades móbiles de Ados visitarán ata o próximo 21 de decembro a preto de medio centenar de concellos galegos para conseguir a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do intenso labor asistencial dos centros sanitarios galegos. Ademais, tamén hai a posibilidade de doar nos puntos fixos existentes nas sete grandes cidades galegas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.