Identificadas 9 persoas menores por consumo do alcol e drogas

A Vicepresidencia da Xunta lembrou que, desde a entrada en Vigor da Lei de prevención de bebidas alcohólicas entre os menores, a Policía Autonómica leva a cabo diversos dispositivos por toda Galicia para velar polo seu cumprimento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2019 | Actualizada ás 18:19

Comparte esta noticia

Un total de nove persoas foron identificadas en 47 inspeccións de control de venda e consumo de bebidas alcohólicas e tabaco realizadas en 11 concellos galegos entre os días 9 e 16 de decembro. Nestes controis levantáronse nove actas de infracción.

Diso informou a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado, no que explica que os axentes puxeron en marcha a pasada semana un total de 31 dispositivos de control de menores en risco de desamparo nos municipios da Coruña, Ames, Cambados, Lugo, Meis, Poio, Pontevedra, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Vedra e Vigo.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas nove persoas e levantadas outras tantas infraccións: cinco por consumo do alcol e catro por venda de alcol.

A Vicepresidencia da Xunta lembrou que, desde a entrada en Vigor da Lei de prevención de bebidas alcohólicas entre os menores, a Policía Autonómica leva a cabo diversos dispositivos por toda Galicia para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores.

Consumo de alcol entre adolescentes
Consumo de alcol entre adolescentes | Fonte: Pixabay.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta