'Fragas do Eume: Historia e Cultura' realiza un inventario do patrimonio cultural e etnográfico da zona

Tamén fala de lendas e mitoloxía.

Por E.P. | A CORUÑA | 16/12/2019 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña acolleu este luns a presentación do libro 'Fragas do Eume: Historia e Cultura', un volume de 453 páxinas no que se realiza un inventario do patrimonio cultural e etnográfico das 9.215 hectáreas que ocupa este espazo.

O portavoz do goberno da Deputación da Coruña e alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, foi o encargado de presentar a publicación, xunto aos coordinadores da mesma, Víctor Alonso Troncoso, Álvaro Igrexas e José Manuel Yáñez.

No acto, Bernardo Fernández subliñou que as Fragas do Eume son "o bosque atlántico mellor conservado de Europa", á vez que destacou que contén "elementos de gran valor histórico e etnográfico, moito máis descoñecidos que son nos que se centra este libro". "Lendas e mitoloxía, pero tamén elementos como fornos e muíños ou as pontes de madeira e pontes colgantes que abundan na zona", subliñou.

O portavoz do goberno da Deputación da Coruña, Bernardo Fernández, preside a presentación dun libro sobre as Fragas do Eume. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O portavoz do goberno da Deputación da Coruña, Bernardo Fernández, preside a presentación dun libro sobre as Fragas do Eume. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta