Localizan o home desaparecido en Ourense desde o venres

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2019 | Actualizada ás 09:45

Comparte esta noticia

O home buscado desde o venres 13 en Ourense foi localizado este martes ingresado nun hospital de Madrid. Segundo informaron a Europa Press fontes policiais, o home apareceu no Hospital La Paz e "está ben".

A Garda Civil activa nun control . GARDA CIVIL DE PONTEVEDRA - Arquivo
A Garda Civil activa nun control . GARDA CIVIL DE PONTEVEDRA - Arquivo

A muller do desaparecido presentou denuncia ante a Policía Nacional o venres pasado ás 17,00 horas e indicou que o seu marido levaba desparecido desde as 9,00 horas desa xornada. O home, de 47 anos e nado en Ribadavia, reside no municipio de Ourense.

Fontes policiais explicaron que ata este xoves rastrexáronse zonas apuntadas por familiares do desaparecido, así como o río e outros puntos. Logo, as pescudas centráronse en labor de investigación, sinalaron. A Policía abordou o caso deste home como unha "desaparición con posible risco para a súa vida", suliñaron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta