Inma López Silva reivindica o xornalismo "libre e crítico" ao recibir o Premio Afundación Fernández del Riego

"Sen xornalismo, sen escritura, sen a creación literaria, non sempre temos o momento necesario para pensar como queremos organizar a convivencia. Iso é imposible sen aquelas persoas que levantan a voz", dixo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2019 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

A escritora e xornalista Inma López Silva reivindicou este martes o xornalismo "libre e crítico, que remove conciencias", así como a lingua e a cultura galegas. "Sen xornalismo, sen escritura, sen a creación literaria, non sempre temos o momento necesario para pensar como queremos organizar a convivencia. Iso é imposible sen aquelas persoas que levantan a voz", dixo López Silva tras recoller o XVI Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego polo seu artigo 'Terra Rota'.

Entrega do XVI Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego a Inma López Silva.. AFUNDACIÓN
Entrega do XVI Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego a Inma López Silva.. AFUNDACIÓN | Fonte: Europa Press

Afundación, a Obra Social de Abanca, e Ámbito Cultural de El Corte Inglés celebraron este martes no Café Moderno de Pontevedra a entrega deste galardón, un acto no que participou, ademais da premiada, o presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, quen abriu o acto dando a benvida aos presentes e eloxiando "o papel fundamental do xornalismo de opinión, que mantén vivo o espírito crítico e a responsabilidade de pensamento dunha sociedade".

Tras a intervención do xurado, procedeuse á lectura de 'Terra rota', un texto publicado en La Voz de Galicia que interpela ao lector para convidarlle a reordenar as súas prioridades e lembrarlle que existen cuestións de vital importancia para todos máis aló das vicisitudes diarias.

"Faime especial ilusión recibir este recoñecemento, pois eu formei parte de Afundación, e recibir este galardón de parte de compañeiros e compañeiras faino especial", dixo Inma López Silva.

Inma López Silva é escritora e crítica teatral. Naceu en Santiago de Compostela en 1978 e licenciouse e doutorou en Filoloxía pola USC. Diplomada en Estudos Teatrais pola Universidade da Sorbona , actualmente combina a actividade literaria coa docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, onde ensina Teorías do Teatro e desde onde desenvolve unha intensa actividade crítica que se materializa nas súas publicacións en Tempos Novos, Revista Galega de Teatro, ADE ou Grial. Columnista en La Voz de Galicia, é autora dunha ducia de libros e destacada escritora de ficción.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

O premio non o comparto... Abanca Afundación El Corte Inglés igual para eses mundos este artigo é o máximo que se pode dicir na prensa subvencionada (?) Eu penso que o xornalismo crítico debe ir un chisco máis alá de chamar IDIOTAS aos lectores (?) https://www.lavozdegalicia.es/notic...