O persoal do centro informático de Facenda desconvoca a protesta tras o compromiso de solución

O Cixtec "sofre as consecuencias de que a Administración pública leve atrasando oito anos a súa obrigatoria adaptación á lei de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2019 | Actualizada ás 11:19

Comparte esta noticia

Persoal do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec) desconvocou a protesta prevista para este mércores ante o compromiso da dirección de Función Pública da Xunta de Galicia de presentar nos próximos días unha proposta que dea solución á situación deste ente público.

Así o informou nun comunicado o Comité de empresa do centro de informática da Consellería de Facenda, o Cixtec, no que explica que queda desconvocada a concentración prevista para as 12,00 horas deste mércores.

Segundo lembran no comunicado, o persoal deste centro "sofre as consecuencias de que a Administración pública leve atrasando oito anos a súa obrigatoria adaptación á lei de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia".

Este ente público, creado en 1998, é o responsable dos sistemas informáticos que emprega a Consellería de Facenda para a xestión contable, financeira e orzamentaria, así como para a xestión tributaria.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, no Consello da Xunta. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, no Consello da Xunta. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta