(Vídeo) Estes son os impactantes efectos do tren de temporais que sofre Galicia

Innundacións en numerosos concellos, árbores que rachan pola metade, tellados que voan e colexios sen nenos.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 19/12/2019 | Actualizada ás 08:20

Comparte esta noticia

Galicia está a sufrir un tren de temporais que había tempo que non padecía. Un conxunto de borrascas que están deixando moito vento, con refachos de case 160 quilómetros por hora, e acumulacións de auga de máis de 100 litros por metro cadrado.

Mar groso e grandes ondas, o primeiro efecto das borrascas
Mar groso e grandes ondas, o primeiro efecto das borrascas | Fonte: Miguel Núñez

Tal é a intensidade destas borrascas que ríos, sumidoiros e a propia terra galega, tan acostumada en Galicia á auga, non é quen de filtrar a gran cantidade de chuvia que cae.

Estas son algunhas das consecuencias destes temporais:

Podes ver unha galería dos efectos do temporal en Xornal de Vigo.

Non hai paraugas que aguanten a forza do vento e da chuvia do temporal
Non hai paraugas que aguanten a forza do vento e da chuvia do temporal | Fonte: Miguel Núñez

A auga acumúlase nas estradas de Cee ante as enchentas e as inundacións polas fortes chuvias do tren de borrascas que atravesa Galicia
A auga acumúlase nas estradas de Cee ante as enchentas e as inundacións polas fortes chuvias do tren de borrascas que atravesa Galicia | Fonte: GC
Inundacións en Muxía
Inundacións en Muxía | Fonte: GC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta