Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2019 | Actualizada ás 14:12
A banda de punk-rock Bad Religion dará un concerto o día 30 de maio xunto a outros cinco artistas no Multiusos de Sar, en Santiago de Compostela, enmarcado na súa xira 40 aniversario, na que será a única data no noroeste da Península Ibérica.
Este venres 19 de decembro ás 11 da mañá sairán á venda as entradas cun prezo de lanzamento de 39 euros para as 1.000 primeiras, que despois aumentará a 44 euros.
Así o anunciou este xoves Fernando Gómez, da produtora Bring The Noise, nunha rolda de prensa. Nela explicou que o evento consistirá nun "minifestival" cun total de seis artistas nacionais e internacionais -Bad Religion, Cock Sparrer, Talco, Desakato, Blowfuse e Bastards on Parade-.
Subliñou que Bad Religion é unha das "principais bandas do punk-rock a nivel mundial", polo que pensa que será "moi bo para a cidade". Considera ademais que será un evento "moi viral" por contar con moitos artistas internacionais.
Fernando Gómez sinalou que vai ser un concerto "moi especial", por ser a única data do noroeste da Península Ibérica. En España tocarán tamén en Madrid, Bilbao, Barcelona, Valencia e Málaga, e haberá outra data en Portugal, en Lisboa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.