A veciñanza de Sada denuncia que teñen só un facultativo por cada 2.000 habitantes

Saen á rúa para demandar unha atención primaria "digna".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 19/12/2019 | Actualizada ás 18:19

Comparte esta noticia

Persoal sanitario e cidadáns mobilizáronse ante o centro de saúde en Sada (A Coruña) en demanda dunha atención primaria "digna". "Solución xa" foi algunha das consignas coreadas por parte dos asistentes á protesta, entre eles o concelleiro de Promoción da Saúde, Breogán Blanco.

No acto, o edil tomou a palabra para explicar que o Concello de Sada, convocante da protesta, remitiu ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, unha carta onde lle informaba da mobilización e dos motivos da mesma.

"As cifras son alarmantes", expuxo o concelleiro, que lamentou que a carta remitida á Consellería de Sanidade non tivese "contestación".

"Damos servizo desde o Punto de Atención Continuada a Bergondo", lembrou, ademais. O concelleiro comparou tamén as cifras de persoas atendidas no centro en relación a municipios limítrofes. "En Betanzos, hai un facultativo por 1.400 habitantes, aquí cada 2.000", citou como exemplo aludindo tamén á situación en pediatría. A iso, sumou a existencia de baixas de longa duración "sen cubrir".

Protesta ante o centro de saúde. CONCELLO DE SADA
Protesta ante o centro de saúde. CONCELLO DE SADA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta