Ana Miranda (BNG) pide á Comisión Europea que "presione" á Xunta para reabrir a sala de partos de Verín

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2019 | Actualizada ás 19:07

Comparte esta noticia

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, indicou este xoves que xa reclamou á Comisión Europea que "presione" á Xunta para que a localidade ourensá de Verín "teña de novo" o servizo de paridoiro e pediatra. Así o indicou durante unha reunión en Verín co tenente de alcalde do BNG, Diego Lourenzo, e coas persoas que levan varios días encerradas no hospital en sinal de protesta, a quen dixo que "toda a presión é pouca".

Concentración rfrente ao Parlamento galego contra o peche do paritorio de Verín (Ourense).
Concentración rfrente ao Parlamento galego contra o peche do paritorio de Verín (Ourense).

"Non só se trata dunha prestación de servizos sanitarios, tamén é unha cuestión de dignidade", destacou Ana Miranda, que fixo referencia ao seu carácter "transfronteirizo", xa que mulleres de localidades próximas de Castela e León acoden a este hospital.

Neste sentido, lembrou que Verín forma parte da Eurocidade Verín-Chaves que, mediante o Programa Operacional de Cooperación Transfronteiriza POCTEP, que está sustentado con fondos FEDER, mantén "un acordo europeo de cooperación sanitaria transfronteiriza entre o SERGAS e a autoridade portuguesa pactado en 2014 para a prestación de servizos sanitarios e a creación dunha rede sanitaria transfronteiriza".

Para a portavoz do BNG en Europa son "lamentables" os argumentos esgrimidos polo presidente da Xunta para xustificar o peche, "baseándose en supostos criterios médicos e técnicos". "O que sucede é que o PP, a través do goberno galego está empeñado en privatizar a sanidade e reducir os servizos nas zonas rurais e despoboadas nun exercicio de cinismo e hipocrisía mentres falan de problema demográfico e de apoio á natalidade", criticou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 El Ciz

Pois para ser un cachiño de deputada ou non selo seundo alguns, e a referencia galega na UE