O Concello de Santiago aproba a suspensión cautelar de novos pisos turísticos

A medida conta co apoio do PSOE, BNG e Compostela Aberta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2019 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

O pleno do Concello de Santiago aprobou, co apoio do PSOE, BNG e Compostela Aberta, a suspensión cautelar dos procesos de autorización de novos usos de aloxamento temporal. Esta moratoria estenderase durante un ano co fin de analizar a situación urbanística da cidade e propor iniciativas reguladoras ante o fenómeno e as consecuencias do auxe dos pisos turísticos.

Pleno do Concello de Santiago.
Pleno do Concello de Santiago.

Con esta medida vaise un paso máis aló da limitación actual que se introduciu a través da modificación do Plan Especial do Centro histórico, e estende esta moratoria e suspensión a toda a cidade de Compostela.

A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, argumentou a iniciativa na "alarma crecente" no conxunto dos veciños que reclama aos poderes públicos "que retomen o control" ante un fenómeno "global" e "universal", que neste caso "ameaza a pervivencia" do modelo cidade de Santiago como localidade "viva e habitada".

Neste sentido, a situación require dunha intervención "urxente" para actuar ante unha "deterioración dificilmente reversible" e que afecta tanto á configuración residencial, ao comercio de proximidade como aos estudantes, ademais da desaparición do mercado de vivenda en aluguer.

"Xogámonos esa perda de identidade", insistiu Rosón, apelando á "racionalización" e á análise dunha regulación "no menor tempo posible", contando con todos os actores implicados ademais da necesaria colaboración da Xunta. En paralelo, impulsarase un programa específico de inspección e control na cidade, ante o número importante de vivendas deste tipo en situación irregular.

A iniciativa contou co apoio dos grupos da oposición, agás pola abstención dos concelleiros do Partido Popular.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta