Un morto polo temporal en Galicia

O falecido tería sucumbido tras caerlle un muro enriba en Santiago. Hai outro falecido en Asturias.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/12/2019 | Actualizada ás 23:27

Comparte esta noticia

A borrasca 'Elsa' provocou xa o primeiro morto en Galicia. Segundo informou a Cadena Ser, o tráxico suceso tería tido lugar en Santiago de Compostela tras quedar o falecido atrapado debaixo dun muro derrubado polo vento no Parque de Santo Domingos de Bonaval.

Un muro de pedra caíu polo temporal e as fortes chuvias da última borrasca
Un muro de pedra caíu polo temporal e as fortes chuvias da última borrasca | Fonte: TM

O cadáver foi localizado cando operarios municipais acudiron ao lugar para colaborar nos labores de retirada de cascallos, segundo indicaron a Europa Press fontes da Delegación do Goberno. Ao lugar trasladouse unha ambulancia de soporte vital avanzado, cuxos sanitarios confirmaron o falecemento, segundo informou a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

O cadáver estaba moi embarrado cando foi recuperado e de momento non puido ser identificada a persoa falecida. Unha balsa de auga foi probablemente a causante do derrube do muro debido para os efectos do temporal que azouta a comunidade desde o pasado mércores. A forte borrasca tamén tería deixado un segundo falecido, desta volta en Asturias, segundo informa tamén a Cadena Ser.

A intensidade da choiva e do vento provocou este xoves 1.700 incidencias en toda Galicia. Por provincias, a máis afectada foi Pontevedra con 638, seguida da Coruña con 495, Ourense con 306 e, por último, Lugo, con 210.

Por tipoloxía, as máis frecuentes foron caídas de árbores e ramas nas estradas, vivendas e calzadas alagadas así como restos de cables de telefonía en diferentes puntos da xeografía galega. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta