Feijóo e Luís Zahera sorprenden cun vídeo como "irmáns" no que desexan un bo Nadal aos galegos

O presidente da Xunta e o actor pretenden transmitir a mensaxe de que "Galicia une", por enriba de ideoloxías.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/12/2019 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, revolucionou as redes sociais ao publicar un vídeo para felicitar o Nadal aos galegos no que o acompaña o actor Luís Zahera.

Alberto Núñez Feijóo e Luís Zahera, no vídeo de Nadal de 2019
Alberto Núñez Feijóo e Luís Zahera, no vídeo de Nadal de 2019 | Fonte: Xunta.

O vídeo, de 2 minutos e 17 segundos, traballa o parecido físico que existe entre ambos os dous. Mesmo remata con Zahera dicindo: "Aquí, co meu irmán". Ao que responde Feijóo: "Eiquí, co pequeno".

Ao longo do vídeo, Zahera, que se dirixe nun ton moi cómplice con Feijóo, ao que chama "Bertiño", xa adianta que algúns o van poñer "podre" por saír nun vídeo co presidente galego e do Partido Popular. Pola súa banda, Feijóo di que algúns o chaman "facha" e outros, "rojo nacionalista perigoso", en referencia velada á oposición no Parlamento galego e ao partido de ultradereita Vox, respectivamente.

O vídeo continúa cunha conversa sobre o estado actual de ingobernabilidade en España, que se compara coa estabilidade galega, polo menos no que se refire á convocatoria de eleccións, e remata cunha mensaxe común de ambos os dous: "Galicia é moito".

O propio presidente da Xunta, no seu Twitter, foi o encargado de estrear o vídeo, cun lema: "Galicia une".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Sentidiño

El correo gallego aplaude coas orellas. Gustaríame ler a súa reacción se o pallaso fose Torra, Pedro Sánchez ou Susana Díaz. Imaxino a columna: "¿De qué se ríe Núñez Feijóo? ¿De las madres de Verín?"

4 GalegON

Que majetes...

3 Verín

Branqueamento do narcopresidente galegófobo e ultracapitalista. VOXta da vaca. Galiza no cantil e o máximo responsable a facer brincadeiriñas... Hai que botalo!

2 zaera feijoo dorado

Todo Sistema ten os seus bufons.eiqui saen dous.bo traballo a duo. Poderian facer trio con Dorado. Xa postos...

1 Patético

Lamentável