O PPdeG acusa a Gonzalo Caballero de "traizoar de forma reiterada a Galicia": "Só é útil para Pedro Sánchez"

Tellado reclama o pago das mensualidades do IVE e a aprobación do estatuto electrointensivo ante a situación "límite" de Alcoa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2019 | Actualizada ás 16:12

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, acusou o líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, de "traizoar de forma reiterada a Galicia" e ser "inútil" para os intereses do país e do seu partido. "Só é útil para Pedro Sánchez", apostilou.

Miguel Tellado, secretario xerral do PPdeG
Miguel Tellado, secretario xerral do PPdeG | Fonte: Europa Press

Tellado criticou que o Grupo Socialista na Cámara "non apoiase" a iniciativa do PPdeG coa que logrou que o Parlamento de Galicia mostrase o seu apoio á Xunta na reclamación ante o Estado do pago das mensualidades do IVE do exercicio de 2017.

"É un diñeiro que se prometeu e négasenos de forma reiterada", remarcou o tamén deputado autonómico, que incidiu en que a "falta de pagamento" do Goberno a once días para que remate o ano provocou "unha situación de emerxencia finaciera" para a Adminstración galega.

E é que, segundo apuntou, "a día de hoxe" o Estado "aínda non abonou a totalidade dos 334 millóns de euros da actualización das entregas a conta" e, ademais, "retén" os 200 millóns das mensualidades do IVE e "négase a abonar" os 170 millóns que a Xunta reclama en concepto do "bo desempeño fiscal" dos exercicios de 2017 e 2018

"Desde o PPdeG vémonos obrigados a denunciar a mentira continuada na que se atopa Pedro Sánchez: mentiu cando dixo que o seu partido non se reuniría nin pactaría con Esquerra e con Bildu; mentiu cando dixo que o AVE a Galicia estaría nos tempos e prazos acordados e mentiu cando prometeu que lle pagaría ás Comunidades Autónomas o que lles debe", aseverou Miguel Tellado.

INDUSTRIA ELECTROINTENSIVA

Tamén cargou contre o Executivo en funcións que preside o socialista Pedro Sánchez pola situación da industria electroinsiva de Galicia e, en concreto, a planta de Alcoa en San Cibrao, Cervo (Lugo).

"Se o obxectivo é pechar a industria electrointensiva e botar á rúa aos traballadores, o Goberno vai na boa dirección", remarcou, antes de vaticinar que 2020 "será un ano catastrófico para a industria galega" se non existe o "compromiso" de Pedro Sánchez para aprobar un estatuto do electrointensivo que fixe prezos da enerxía "competitivos".

Nesta liña, augurou que se a aprobación do estatuto se atrasa "non haberá empresas" que se poidan beneficiar del, posto que algunhas como Alcoa na Mariña lugesa se atopa "nunha situación límite".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta