Piden que a Galiña Piñeira, en perigo de extinción, sexa recoñecida raza autóctona galega

O Grupo Socialista solicita á Xunta que elabore un Plan de recuperación e conservación desta especie, unha das máis antigas da Península.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2019 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

O portavoz de Gandaría do Grupo Socialista, Óscar Vilar Chento, vén de presentar unha proposición non de lei para pedir o recoñecemento da galiña piñeira como raza autóctona de Galicia. O responsable socialista reclámalle á Xunta que elabore un Plan de recuperación e conservación desta especie, unha das máis antigas da Península Ibérica, que permita a súa catalogación como raza autóctona.

Galiña Piñeira
Galiña Piñeira | Fonte: campogalego.com

O deputado socialista pediu, así, a colaboración e o apoio da Xunta de Galicia “a través do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia (CRZG)”, que depende da Consellería do Medio Rural. Defendeu a necesidade de iniciar unha “labor de recuperación e investigación” para que a galiña piñeira conte co seu “propio libro xenealóxico e patrón de raza” onde queden ben clasificadas as distintas variedades.

Chento sinalou a importancia de preservar a galiña piñeira que, xunto á galiña de Mos, “é unha das galiñas máis antigas da Península Ibérica”. Trátase dun exemplar ameazado ao longo da súa historia e que a comezos do século estivo “a piques de desaparecer”. Chegou mesmo a contar daquela con apenas un cento de espécimes localizados principalmente “en galiñeiros do interior galego”.

Tamén destacou o “esforzo e traballo de recuperación e investigación” por parte da Asociación Galega para a Recuperación, Defensa e Produción da Galiña Piñeira –Agalpi-, así como pola Fundación para o Avance Científico da Veterinaria en Galicia -Acivega-, que permitiron salvar a especie da extinción e veñen de trasladar as súas demandas aos distintos grupos parlamentarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta