Temas: FúTBOL TEMPORAL

Suspendidos todos os partidos de fútbol deste sábado polo temporal

A Xunta recomena suspender todas as actividades deportivas ao aire libre.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2019 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

A Real Federación Galega de Fútbol decidiu suspender todos os partidos programados para este sábado debido ás condicións meteorolóxicas que se esperan.

A entidade que preside Rafael Louzán anunciou a súa decisión a través dunha mensaxe publicada na tarde deste venres na conta oficial da RFGF. Deste xeito, ante as previsións meteorolóxicas, todos os partidos de fútbol programados en Galicia quedaron suspendidos.

Cámara da TVG filmando o fútbol nun partido do Celta en Balaídos
Cámara da TVG filmando o fútbol nun partido do Celta en Balaídos | Fonte: crtvg.es

RECOMENDACIÓNS

Por outra banda, a Secretaría Xeral para o Deporte recomendou a suspensión a partir de mañá de todas as actividades deportivas ao aire libre en toda Galicia, especialmente no noroeste da Coruña e na Mariña lucense.

A Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel vermello que afectará a todo o litoral galego a partir deste sábado. Tamén estará activa a alerta vermella por ventos no noroeste da Coruña e na Mariña lucense, a partir de primeiras horas da tarde. Ademais, desde as 6,00 horas actívase alerta laranxa en toda a comunidade por ventos do suroeste que poden alcanzar refachos de 100 km/h.

A maiores, a partir das 15,00 horas prevese a alerta vermella por vento no noroeste da Coruña e na Mariña, onde os refachos poderán chegar a 140 quilómetros por hora.

Temas: FúTBOL TEMPORAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta