O patrimonio de Gonzalo Caballero: un piso en Vigo, case 230.000 euros na conta e 3.025 en accións do Santander

Así se recolle nas declaracións de bens e dereitos publicadas no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2019 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, posúe un piso en Vigo con praza de garaxe e ten un total de 229.506 euros na súa conta corrente, segundo as declaracións de bens e dereitos publicadas este venres no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia.

Gonzalo Caballero na Cámara galega
Gonzalo Caballero na Cámara galega | Fonte: Lavandeira Jr - EFE

En concreto, este documento informa de que Gonzalo Caballero conta cun piso na provincia de Pontevedra. Respecto diso, fontes socialistas precisaron que se trata da súa vivenda na cidade de Vigo.

Os datos coñecidos este venres sinalan que, no exercicio anterior á data desta declaración, o xefe de filas dos socialistas galegos, que exercía o seu labor profesional como profesor de Economía na Universidade de Vigo, percibiu un total de 46.431 euros en concepto de remuneración salarial.

O dirixente socialista, que presentou as súas credenciais na Cámara galega o 17 de xullo de 2019, informa de que está casado en réxime de separación de bens e de que ten un total de 3.025 euros en accións do Banco Santander.

O Boletín Oficial do Parlamento de Galicia publica este venres as declaracións de bens actualizadas dos novos deputados que entraron na Cámara, dos que abandonaron o Pazo do Hórreo, así como dos que modificaron os seus bens ao facer algunha adquisición ou venda.

Ademais, os documentos foron publicados despois dos servizos da Cámara galega comprobasen que estivesen cubertos de forma correcta e emendasen os erros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Por facerlle unha pregunta técnica á Carmela Silva recibín unha resposta contundente: Bloqueou a miña conta en Twitter e punto final. A pregunta era: ¿como é posible que logo de pasar 4 anos como Presidenta da Deputación cobrando arredor dos 5,400 € /mes, na súa Declaración de Renda só paga 1.794 euros? Quixera falar co seu asesor fiscal a ver se nos ilumina? Agora xa retiou da páxina a Declaración de Bens, pero ao inicio figuraba un piso en Vigo outro piso ao 50% en Barcelona, pero resulta ca Feminista de Salón vive nun super chalet en Toralla (que evidentemente no figuraba na súa Declaración) seica está en aluguer con opción a compra! https://www.depo.gal/web/edepo/-/pr... Nunha palabra, se repasamos estas Declaracións todos MINTEN ! ¿Par qué se publican cando os datos son tan falsos coma un peso falso?