Morre unha persoa ao chocar co coche contra un muro en Esgos

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 21/12/2019 | Actualizada ás 10:27

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou falecida na mañá deste sábado ao sufrir un accidente de tráfico na estrada N-536, no municipio ourensán de Esgos.

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 8,20 horas da mañá deste sábado no lugar de Reboredo, onde a furgoneta na que viaxaba a vítima chocou contra un muro.

Ata a zona desprazáronse os Bombeiros de San Cibrao, membros do GES de Pereiro de Aguiar, Protección Civil de Maceda, así como a Garda Civil e persoal sanitario, que certificou que a vítima estaba falecida. Foi necesario liberalo do vehículo, onde quedara atrapado.

Tramo da estrada ao seu paso por Esgos
Tramo da estrada ao seu paso por Esgos | Fonte: Google Maps

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta