Os premios Rebulir 2019 recoñecen a Rosa Cedrón, 'Morris' e a Coral de Ruada

Os galardóns, que nacen no ano 2012 como un recoñecemento a persoas ou colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura autóctona nas súas diferentes manifestacións.

Por E.P. | OURENSE | 21/12/2019 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

A localidade ourensá de Ramirás acolleu este sábado a entrega dos premios Rebulir da Cultura Galega 2019, que recoñeceron a Rosa Cedrón, Antonio Durán 'Morris' e a Coral de Ruada.

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, foi a encargada de entregar o galardón na categoría de Artes Escénicas ao actor Antonio Durán, mentres que o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, llo entregou á cantante Rosa Cedrón na categoría de Música Galega.

Pola súa banda, a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, foi a encargada de dar o premio á Coral De Ruada na modalidade de Homenaxe.

Os galardóns, que nacen no ano 2012 como un recoñecemento a persoas ou colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura autóctona nas súas diferentes manifestacións, teñen como un dos seus principais obxectivos a proxección exterior do nome de Galicia, especialmente a través do establecemento de vínculos interculturais.

A cantante galega e intérprete de violoncelo Rosa Cedrón.. XUNTA
A cantante galega e intérprete de violoncelo Rosa Cedrón.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta