Buscan un mozo de 19 anos desaparecido en Ordes

O rapaz, Santiago Manteiga, acudiu durante a noite do sábado ao domingo a unha cea de Nadal cos seus compañeiros de empresa, que se prolongou ata a madrugada. A partir de aí, non se volveu saber del.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2019 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

Axentes da Garda Civil, persoal de emerxencias, drones da Axega, familiares e amigos tratan de localizar un mozo de 19 anos desaparecido desde este domingo no municipio coruñés de Ordes, tras participar nunha cea do Nadal da súa empresa.

O mozo, Santiago Manteiga, acudiu durante a noite do sábado ao domingo a unha cea de Nadal cos seus compañeiros de empresa, que se prolongou ata a madrugada. Unha vez concluída, pediulle a un compañeiro que o deixase na parroquia de Leira, en Ordes.

Os familiares do desaparecido informaron de que a súa irmá debía recollelo á entrada dun bar desta parroquia, pero non o localizou. Algunhas persoas aseguran velo nesta zona en torno ao mediodía do domingo, momento desde o que non se sabe nada del.

A súa familia presentou á primeira hora deste luns a denuncia por desaparición, momento no que se activou o dispositivo de procura, que coordina a Garda Civil e conta coa colaboración da Policía Local, voluntarios de Protección Civil e drones da Axencia Galega de Emerxencias. A procura céntrase, sobre todo, na zona de Brumeiral.

Desaparecido en Ordes (A Coruña).. CEDIDA
Desaparecido en Ordes (A Coruña).. CEDIDA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta