Días de loito en Curtis polos tres falecidos por inhalación de monóxido de carbono

O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, explicou que a veciñanza está "abatida" por esta "traxedia de difícil explicación".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2019 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

O Concello de Curtis decretou tres días de loito polo falecemento de tres membros dunha familia nunha vivenda en Fisteus por intoxicación por monóxido de carbono, debido ao uso dun xerador eléctrico durante un apagamento, segundo as primeiras investigacións.

En declaracións a Europa Press, o alcalde de Curtis, Javier Caínzos, explicou que todos os veciños están "consternados" e "abatidos" por esta "traxedia de difícil explicación", que afecta a unha "familia moi querida".

Os falecidos son un matrimonio de octoxenarios, que foron localizados sen vida na súa cama na parroquia de Fisteus; e o fillo de ambos, de 52, que se atopaba nun garaxe no que estaba a funcionar un xerador de corrente a combustible, que se baralla como posible causa da intoxicación.

Así, o rexedor explica que están "envorcados" en apoiar ao outro fillo da parella, que foi quen atopou os corpos ao achegarse ata a casa. O loito municipal --acordado por unanimidade-- terá lugar desde este luns ata o día 26 ás 9,00 horas.

O sábado sobre as 20,00 horas houbo un apagamento polo temporal, polo que se cre que se puxo a funcionar este xerador eléctrico, "coa fatalidade de que estaba no soto" e motivou a acumulación de monóxido de carbono que "se propagou por toda a vivenda por unha escaleira interior". O rexedor informa de que desde o domingo se restaurou a subministración eléctrica a esa aldea e outras limítrofres.

Casa do Concello de Curtis, en Teixeiro
Casa do Concello de Curtis, en Teixeiro | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta