Temas: ANA PONTóN BNG

Pontón asegura que o BNG ten "moi definido o seu camiño", un proxecto "propio" sen dependencia de "forzas estatais"

A portavoz nacional do Bloque

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2019 | Actualizada ás 15:20

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou que a súa formación ten "moi definido cal é o seu camiño", que pasa por ofrecer "un proxecto propio aos galegos, sen dependencia de forzas estatais". Así se pronunciou ao ser preguntada pola intención de Anova de abrir diálogo con outras forzas de cara ás próximas eleccións galegas, que terán lugar en 2020.

Ana Pontón
Ana Pontón | Fonte: BNG

Respecto diso, Pontón, que lembrou que o BNG nunca fai públicas conversas, lembrou que esta postura de ofrecer un "proxecto propio" foi a marcada pola militancia na última asemblea nacional.

"Temos un proxecto sólido, consolidado e renovado, que está a traballar e recollendo a moitas persoas nos últimos tempos. E imos seguir traballando nesa liña porque é o rumbo que marcou a militancia", incidiu.

Ademais, considerou que outros espazos políticos "tiveron moitos problemas", unhas "disfuncións" que, na súa opinión, "non poden ser atribuíbles ao BNG". "Forma parte da lóxica na que eles afrontan os debates internos e no BNG temos un rumbo claro, coa man tendida a todas aquelas persoas que queiran construír un proxecto propio", indicou.

"INCREMENTO" DO APOIO ELECTORAL

Pontón destacou que o 2019 constatou o "incremento do apoio electoral ao BNG" ata convertelo "nunha forza á alza e con fortaleza á hora de encarar as eleccións galegas".

Un reto que, segundo recalcou, o BNG afronta con "decisión" e consciente de que o PP está "no momento máis baixo dos últimos anos". "O 2019 deixa unha sociedade que aposta por cambiar o rumbo e cansa do fracaso das políticas do PP e o ninguneo dos gobernos centrais", sinalou.

Deste xeito, tras referirse aos "recortes" na sanidade realizados polo Goberno de Feijóo e censurar a falta de resposta do Goberno central e do autonómico á crise industrial, considerou que a "principal sombra" que deixa estes anos que termina é unha Xunta "en mans dun PP esgotado, sen ilusión nin proxecto de país".

2.500 PROPOSTAS NA CÁMARA

Por último, destacou que o 2019 sitúa o grupo parlamentario do BNG como o "máis activo" e a "voz de numerosos colectivos e demandas sociais".

"En total presentamos máis de 2.500 iniciativas que representan o 21% do total. Cada deputado ou deputada do BNG vale por tres en canto ao seu traballo", sinalou.

Temas: ANA PONTóN BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Gaiker

O seu camiño é dividir o voto da esquerda con delirios identitarios e axudar a un goberno Feijóo/Vox, que é o que queren os seus amos de Sabón.

1 Galicia Beibe

Sen dependencia de forzas estatais? Claro, por iso ten ao coitado do Néstor levándolle os cafés a Errejón no Congreso.

1 Gómez-República

Cantos cafés lles levou e a que hora?? Podes explicalo? De momento vai ser Néstor o vicevoceiro e Errejón o dos cafés non??? Vos que, desexando xa que Procesiones lle leve os cafés á CEOE como ministra do Paro?

2 LKI

Vaites, Gómez-República. Parece que as verdades proen. Tómate unha tila, que che fai boa falla. XDDDD