Os Bacelos de prata

Chovia a cachón e o vento bramaba movendo os piñeiros. As follas secas voaban como fulerpas que despiden o outono. Era o primeiro día de inverno. Moitas caras coñecidas da política; entre eles concelleiros e alcaldes, un deputado en cortes e o concelleiro de medio Rural.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 24/12/2019

Comparte esta noticia
En todos os presentes respirábase un  aire de satisfacción. A música, na cálida voz de Maria do Ceo, xunto coa violao e a guitarra clasica,  dábanlle ó evento un aire formal, festivo e moi galego; pois latexaba un aire da terra, unha limpa  galeguidade e concordancia coa mensaxe dos premios que non é outra que, promover os produtos da terra partindo de tres premisas: tradición, lingua e  innovación.Vir de lonxe e innovar pra ser útil para o cidadán.  
 
Despois da presentación distendida do Sr. Carballido, toma a palabra o presidente da asociación Alvaro das Casas. E faino   cun discurso realista e cheo de mensaxes moi claras: Consumir productos galegos da terra e optar pola calidade  e axudar a  fixar poboación nun rural que se resiste a morrrer ademais de  defender o idoma. 
 
Outra cantiga, e chega a entrega dos premios a: Queixerías Bama de Touro e Adega Solaina Minei de Castrelo de Miño. Dúas empresas e dúas formas de rendabilizar o traballo do campo. A primeira, colabora con máis de cincuenta gandeiros e outros tantos empregados. A  segunda, xunta máis de 600 parcelas de terra nun único proxecto e crea unha viña de máis de trinta hectáreas co obxectivo de darlle vida a un pobo como tantos que existen nesta terra. Síguenlle  as nominacións honoríficas a IXP  o Pan de Cea  Ourense, e  a EVEGA  Estación enolóxica do Ribeiro. Os premiados e nominados teñen a palabra e louvan o traballo, o camiño andado  e as virtudes dos seus produtos. 
 
Volve a música inundar o ambiente  de aire galego. Remata o acto coas verbas do sr. Conselleiro. Logo convídades ós presentes cuns petiscos regados cun viño da adega premiada chamado nove queipos.
 
Chovía a cachón,  mais no pazo dos Ulloa en Esposende,  Ribadavia, respirabase un aire de satisfacción pois o numero de produtos etiquetados en galego medra dunha maneira exponencial ano a ano así como o número de empresas que optan na etiquetaxe pola lingua de Rosalía.
 
Bo nadal e ventureiro ano 2020 

Cea de Nadal
Cea de Nadal | Fonte: culturacolectiva.com
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com