Estudan a inclusión de dous novos exemplares no catálogo de árbores singulares de Galicia

Trátase dun freixo de follas estreitas situado nas proximidades do Pazo de Ferfiñáns e dunha nova formación en Mugardos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2019 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

A Xunta iniciou o proceso de información pública da incorporación ao catálogo de árbores singulares de Galicia dun novo exemplar en Cambados e dunha nova formación en Mugardos.

En concreto, segundo explicou a Administración galega nun comunicado, un dos exemplares propostos é un freixo de follas estreitas (fraxinus angustifolia) situado nas proximidades do Pazo de Ferfiñáns, en Cambados. As súas principais características son as súas dimensións, 21,1 metros de altura por 3,5 metros de perímetro normal.

Por outra banda, tamén se somete a información pública a incorporación ao catálogo dunha formación multiespecífica localizada na parroquia de Franza, no Concello de Mugardos. A formación está composta nun 65% por exemplares de castiñeiro e nun 35% por carballos e a densidade é aproximadamente de 230 pés por hectárea.

A partir deste venres, ábrese un período de 20 días hábiles, durante os cales os interesados poderán presentar a documentación, observacións ou alegacións que estimen oportunas en relación á catalogación destes elementos.

O obxectivo da súa inclusión é garantir a súa protección e conservación, ao entender que, pola súa propia singularidade, merecen ser inventariados. Na actualidade, están incluídos no rexistro 190 exemplares ou formacións arbóreas, das que 63 están na provincia de Pontevedra, 57 na da Coruña, 41 na de Lugo e 29 en Ourense.

Freixo
Freixo | Fonte: riosgalegos.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta