Desaloxada unha nave de Narón ao producirse un incendio

O motivo do lume foi unha avaría eléctrica.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2019 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

Un total de 25 operarios dunha empresa de Narón tiveron que ser desaloxados na mañá deste xoves dos seus postos de traballo tras producirse un incendio na nave por mor dunha avaría eléctrica.

Segundo a información do 112-Galicia, o incendio iniciouse sobre as 9,30 horas nunha nave da Avenida dos Ferreiros, no Polígono de Río do Pozo.

Ata o lugar foron mobilizados os Boberos de Narón e axentes de Policía Nacional e Local, así como unha ambulancia do 061. Dada a cantidade de fume e o risco, decidiuse desaloxar os 25 traballadores, dos que ningún resultou ferido.

Tras finalizar as tarefas de extinción, os Bombeiros explicaron que o incendio se produciu nunha empresa de distribución, en cuxo interior había gran cantidade de caixas de cartón amontoadas. A orixe estivo nunha luminaria do teito, que se desprendeu e xerou faíscas que caeron sobre as caixas, o que orixinou o lume.

Simulacro de lume
Simulacro de lume | Fonte: Duvi

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta