Os accidentes de tráfico provocados por xabarís crecen un 67% nos dous últimos anos

É a segunda autonomía con maior número de sinistros contra animais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2019 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

Os accidentes de tráfico provocados por xabarís creceron un 67% en Galicia nos dous últimos anos,segundo se desprende do IV Informe o Centro de Estudos Ponle Freno-AXA de Seguridade Viaria sobre colisións de vehículos contra animais.

Supón o segundo incremento maior entre comunidades, só superado por Asturias (+112%), e está 20 puntos por encima da media de avance en España (+47%). Séguenlles Cataluña e Aragón, con aumento dun 32%.

O conxunto de animais cinexéticos representa o 72% dos accidentes do total, cun notable crecemento do 39% de sinistros respecto ao anterior informe. Para a realización do estudo, analizáronse 8.053 accidentes provocados por colisión con animais no período comprendido entre 1 de novembro de 2017 e 31 de outubro de 2019.

O número de accidentes contra animais incrementouse un 21% debido principalmente ao forte aumento dos sinistros con xabarís que representan o 43 por cento do total de sucesos deste tipo. O can e o corzo intercámbianse a segunda e terceira posición no ranking de animais máis perigosos para a seguridade viaria, debido ao crecemento de accidentes do primeiro (+14%) e ao descenso no caso do segundo (-5%). Este tres animais representan o 83% deltotal de sinistros rexistrados polo Centro de Estudos Ponle Freno AXA.

RESTO DE ANIMAIS CINEXÉTICOS

Por comunidades autónomas, Castela León (26,6%) Galicia (20,5%) e Cataluña (14,1%) son as tres autónomías que rexistran unha maior porcentaxe de sinistros contra animais cinexéticos. De feito, as tres representan o 61% do total.

As tres mencionadas con máis sinistros contra animais cinexéticos mostran patróns diferente. En Castela e León, por exemplo, o corzo é o animal causante de máis da metade dos sinistros (55%) con animais cinexéticos, cunha sinistralidade concentrada, maioritariamente, nos meses de abril a outubro (70%). O xabaril, en cambio, cunha media anual do 32%, supera o corzo como o principal autor dos accidentes nos meses de novembro a xaneiro.

En Galicia, con todo, o xabaril é o animal que ocasiona oito de cada 10 accidentes. O seu impacto concéntrase nos meses de inverno e especialmente en decembro. Igual que en Galicia, Cataluña rexistra unha incidencia case absoluta do xabaril nos accidentes con animais cinexéticos (86%), sendo case inexistente a presenza do resto de animais de caza.

MOITOS ACCIDENTES CON CANS EN MURCIA

Destaca, por singular, o caso de Murcia, comunidade autónoma na que se contabilizan máis accidentes contra cans de toda España, representando o 88% do total de accidentes desta comunidade. Pontevedra iguala a Murcia á fronte das comunidades autónomas con máis sinistros contra animais domésticos, sendo neste caso a segunda con máis accidentes con cans e a primeira con cabalos.

Por días, o domingo é o máis perigoso, rexistrando o 16,1% dos accidentes contra animais, seguido do luns (15%) e do sábado (14,8%). No lado opuestoestá o martes (12,9%), o día con menos probabilidade de sufrir un accidente contra un animal.

A maioría dos accidentes concéntrase durante a noite ou en horas con escasa luz. En concreto, entre as 19 e as 7 horas rexístrase o 59% das colisións. Nesta franxa destaca o feito de que de 00:00 horas a 07:00 se rexistra o 26% dos accidentes, a pesar de ser unha franxa con moita menor concentración de tráfico.

Xabaril ferido nun accidente de tráfico.. CENTRO DE ESTUDOS PONLLE FREO
Xabaril ferido nun accidente de tráfico.. CENTRO DE ESTUDOS PONLLE FREO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta