Galicia baixa por primeira vez dos 2,7 millóns de habitantes desde que hai rexistros

Pontevedra (+893) e A Coruña (+245) gañan poboación, pero Lugo (-1.740) e Ourense (-1.642) pérdena.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 27/12/2019 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

Galicia perdeu 2.244 habitantes ao longo de 2018 e baixa por primeira vez dos 2,7 millóns desde que hai rexistros no Instituto Nacional de Estatística (desde 1996).

Así, segundo os datos declarados oficiais do padrón municipal a 1 de xaneiro de 2019 --publicados este venres no Boletín Oficial do Estado (BOE)--, Galicia conta con 2.699.499 habitantes.

Asturias, Castela e León, Estremadura e Galicia son as catro comunidades autónomas que perderon poboación en 2018. En cambio, en España o número de habitantes ascende a 1 de xaneiro deste ano a 47.026.208 habitantes --un 0,6 por cento máis que o exercicio anterior--.

En termos absolutos, Castela e León foi a comunidade máis afectada pola perda de poboación cun descenso de 9.616 habitantes, seguida de Asturias con 5.444, Estremadura cunha caída de 5.153 e Galicia de 2.244. Porcentualmente, a maior caída poboacional corresponde ao Principado cun -0,53%, seguido de Estremadura (-0,48%); Castela e León (-0,40%) e Galicia (-0,08%).

Este retroceso en Galicia prodúcese pola baixada de poboación en Ourense e Lugo --son dúas das 18 provincias españolas que perden habitantes--, xa que A Coruña e Pontevedra gañan habitantes.

A provincia de Pontevedra gaña 893 habitantes (ata 942.665), mentres A Coruña consegue 245 habitantes máis (ata 1.119.596). En contraposición, Lugo perde 1.740 persoas (queda en 329.587) e Ourense conta con 1.642 menos (ata 307.651).

18 PROVINCIAS PERDEN POBOACIÓN

As provincias con perda poboacional a 1 de xaneiro de 2019 foron: Xaén (-4.535); León (-3.745) e Cidade Real (-3.339); Badaxoz (-2.817), Cáceres (-2.336); Córdoba (-2.261) e Zamora (-2.010). Tamén perderon poboación, Albacete (-619); Ávila (-858); Burgos (-112); Conca (-893); Lugo (-1.740); Ourense (-1.642); Palencia (-1.055); Salamancha (-1.354), Segovia (-213); Teruel (-435) e Valladolid (-305).

En canto ás provincias que rexistraron incrementos, á marxe de Madrid, destacan Barcelona (+55.229 habitantes); Málaga (+20.664); Valencia (+17.138); Murcia (15.389); Santa Cruz de Tenerife (+14.473); Las Palmas de Gran Canaria (11.231); Zaragoza (+9.882); Xirona (9.097) e Tarragona (8.762).

Evolución da poboación de Galicia. EPDATA
Evolución da poboación de Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Moine

Poucos e velhos. Gracinhas votantes do PP. Expulsades aos vossos filhos do vosso carom, chamades-lhe emigraçom, berrades como possessos nas discussons nos bares; mas chegades a casa e os vossos filhos dim-vos que vam-se. Esta é a miséria do País.

2 caxancran

Home...amais dos madriles algo teremos que ver os gakegos niso non? Si somos idiotas e queremos suicidarnos.... A xente vota.traballa.fode.etc. Hai quen se exilia e hai quen vive no exilio interior.

1 menos e menos

EXTERMINIO!!!!! Galiza e victima dun xenocidio planificado desde mandriles ... nos queren borrar do mapa, namentras arrasan a nosa cultura e empresas e incluso o medio ambiente onde vivimos aquí non vai quedar nada salvo una colonia de mandriles, pronto todo será expaña, os nosos gobernantes e pepeiros... pronto o planeta terra vagara polo espacio sin vida humana!!!!