Temas: MúSICA

CUAC FM alerta que o concurso da Xunta exclúe as radios comunitarias

“E como se nas olimpíadas fixesen competir aos de vela e remo cos nadadores, porque todos son deportes de auga”. Con este símil tan claro explica as consecuencias da entrada en vigor deste concurso Mariano Fernández Cabarcos, socio fundador de Cuac fm (a única radio comunitaria de A Coruña) e Coordinador de Lexilación e Dereito a Comunicar da Red de Medios Comunitarios.

Por GC Tendencias | A Coruña | 22/08/2012 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

Segundo Mariano Fernández Cabarcos, estas son as consecuencias do concuso de licenzas radiofónicas que a Xunta de Galicia convocaba o pasado 27 de xullo, e no que se exclúe explícitamente ás radios comunitarias. É dicir, se unha radio comunitaria galega quere obter unha licencia, vese obligada a asumir as condicións das radios comerciais (ou o que é o mesmo, chegar a nado onde outros chegan a vela).

Rolda de prensa de CUAC FM
Rolda de prensa de CUAC FM

Así as cousas, cabían, segundo os representantes da emisora herculina, dúas opcións: continuar como até o de agora, sen licencia, esperando eternamente o desenvolvemento dun regulamento que debería ter entrado en vigor antes do 1 de maio pasado, e arriscándose a ser clausurados en calquiera momento, ou mesmo a ser invadidos no seu dial; ou botarse ao monte solicitar a licencia.

Todo ou nada

E os integrantes de Cuac fm apostaron polo todo: a radio coruñesa concursará para obter unha das tres licenzas que a Xunta destina ao espectro radioeléctrico de A Coruña, pero non sen antes recorrer o concurso. “Nos non queremos esta licenza, o que queremos e que a Xunta rectifique e destine algún dial específico e licenzas específicas para as radios comunitarias. Pero se a opción é esta, ou ningunha, pois a resposta está clara”, explican os responsables da emisora.

E, para poder acadar os 12.000€ que precisan para presentarse ao concurso, Cuac fm pon en marcha unha campaña de crowdfunding a través de goteo.org que permite a quen o desexe colaborar, con aportacións de entre 40 e 200 euros, que serán reembolsadas ou contraprestadas con publicidade, patrocinios ou espacios na parrilla de emisión dunha radio que leva máis de 16 años enchendo as ondas dende o 103.4 do dial coruñés.

Rolda de prensa de CUAC FM
Rolda de prensa de CUAC FM

Máis dunha década de traballo voluntario e social pola que pasaron preto de 320 programas, que son, dito sea de paso, os seus mellores abanderados: socios e exsocios –e son moitos- colaboran económicamente coa causa, e preparan unha xornada de portas abertas –máis abertas aínda se cabe- para o vindeiro 30 de agosto, data na que presentarán a súa candidatura ao concurso. E mentres as accións legáis seguen o seu curso, dende a dirección de Cuac fm solicitan a toda a cidadanía que participe activamente.

Na súa web pódese descargar un prego para solicitar á Xunta que modifique o concurso, e, por suposto, a súa parrilla está aberta a todo aquel que desexe participar: “non se trata dos nosos dereitos, trátase do dereito de todos a comunicar, a informar e ser informados. As radios comunitarias non somos radios comerciais, somos un servicio público e cidadá”.

Responsables de CUAC FM deron hoxe unha rolda de prensa para compartir a súa inquedanza. Imaxes da rolda de Iván Louzán (opinguino).

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta