Detido tras saír do avión en Santiago por denunciar a súa muller "malos tratos habituais"

Os feitos producironse cando a muller saíu da aeronave acompañada do detido e dos seus catro fillos procedentes de Fuerteventura.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2019 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

A Garda Civil do Aeroporto de Santiago de Compostela detivo a un individuo veciño de Fuerteventura como presunto autor dun delito de violencia contra a muller.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos ocorreron no marco dos controis de seguridade na zona aeroportuaria, "reforzados e intensificados nestas datas, ao obxecto de garantir a seguridade e a normalidade no fluxo dos usuarios, ante o incremento substancial dos mesmos".

Mentres os efectivos da citada unidade realizaban o control de acceso e saída da zona restrinxida de aeroporto, "achegouse unha pasaxeira solicitando axuda, xa que segundo comentou era vítima de malos tratos habituais por parte do seu marido", indicaron as mesmas fontes.

A muller chegou ao aeroporto procedente de Fuerteventura en compañía do seu marido e dos seus catro fillos coa intención de pasar estas datas coa súa familia. Esta persoa presentaba "un gran hematoma na fronte" e comentou aos gardas civís que "era froito dun botellazo recibido no último episodio de violencia por parte do seu marido", destacaron as mesmas fontes. A vítima informou tamén de que nunca se atreveu a denuncialo, pero que ao estar agora en compañía dos seus pais e irmáns se sentía máis amparada.

Os gardas civís, ante os feitos relatados, cominaron ao marido da vítima a acompañalos "a unha sala aparte lonxe da vista dos seus fillos, para garantir o interese superior dos menores", explicou o Instituto Armado, e procedeuse á súa detención como presunto autor dun delito de violencia contra a muller.

A Garda Civil conduciu á pasaxeira a un lugar seguro e ofreceulle asistencia médica e letrada. Mentres, os nenos, todos eles menores de idade, foron entregados aos familiares presentes no aeroporto. O individuo detido, xunto coas actuacións realizadas, foi posto a disposición do xulgado de Instrución de garda de Santiago de Compostela, que decretou o seu ingreso provisional en prisión, comunicada e sen fianza.

Pasaxeiros no interior dun avión
Pasaxeiros no interior dun avión

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta